spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Multiusos de Sabaris acolle unha mostra de máis dun centenar de...

O Multiusos de Sabaris acolle unha mostra de máis dun centenar de bicicletas clásicas e antigas

O Multiusos de Sabaris acolle unha mostra de máis dun centenar de bicicletas clásicas e antigas de diferentes épocas e oficios

Revista Cousas de nº21

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza xunto cos coleccionistas particulares Antonio Pino Magallanes, Manuel Pazó e Luis Molist,  esta mostra co obxectivo de render unha merecida homenaxe as figuras de Alfonso González Besada do establecemento “Ciclos Palacios” da Ramallosa  e a Fernando González Durán de “Bicicletas Fernando” de Baiona, por máis de medio século adicados ao taller de aluguer e reparación de motos e bicicletas no Val Miñor.

Esta mostra realiza un percorrido polas diferentes bicicletas antigas e clásicas que se empregaban nos oficios de antano como por exemplo; as utilizadas no reparto de pan, de prensa, de correos, os repartidores de leite ou a garda civil, entre outras. Así mesmo, contará cun apartado de bicicletas relacionadas co eido do cine, con réplicas  presentes en películas como “Sempre Xonxa”, “La Vida es Bella”  ou “ET, Extraterrestre”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A exposición poderá visitarse do 24 de maio ao 12 de xuño de 2024, no seguinte horario: luns, sábados e domingos de 11 a 13h e de 17 a 20:30h, e de martes a venres de 17 a 20:30h, sendo a entrada libre.

- Publicidade -spot_img