O Mosteiro de Oia fai un ano tiña dous retos, avanzar nos pasos urbanísticos que permitan a súa rehabilitación definitiva, e seguir desenvolvendo una dinamización cultural única que seguira poñendo en valor un patrimonio de todos.
Malia o impacto do coronavirus, ambos obxectivos déronse por cumpridos no 2020 segundo a II Memoria de Sostibilidade que relata a actividade deses últimos doce meses.
O traballo do Mosteiro de Oia e o Concello, permitirá sentar as bases do marco urbanístico que permitirá o maior investimento da historia no municipio
O traballo conxunto entre o Mosteiro de Oia e o Concello, está a permitir sentar as bases do marco urbanístico que permitirá o maior investimento da historia no municipio oiense. Tras chegar a un acordo en outubro do 2019, ambas partes están a traballar de forma continua e coordinada por un obxectivo e proxecto común.
Ao mesmo tempo, a propiedade do cenobio interveu reforzando parte dos tellados, renovándose portas principais de accesos e estancias, e finalizando o Centro de Recepción de Visitantes.
Especialmente importante foi a finalización do levantamento topográfico realizado con tecnoloxía fotogranométrica e LaserScan, que ven a complementar un traballo topográfico anterior. Tras máis dun ano de traballo, este proxecto dixitalizou toda a construción cun nivel de precisión e detalle inaudito, sendo a base para a futura rehabilitación.
Ao mesmo tempo, púidose desenvolver unha programación cultural tan esperada como condicionada. As actividades culturais programadas dende o mes de abril ata novembro do 2020, tiveron que axustarse debido a crise sanitaria mundial. Finalmente poido levarse a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro. Houbo que adaptar a programación, axustar a capacidade, e aplicar estritamente as medidas marcadas polas autoridades. En todo caso, a estratexia estaba clara: non deixar de promover a cultura e a historia dende a seguridade necesaria. Así leváronse a cabo innumerables visitas guiadas, concertos ao solpor, conversas con referentes do mundo da investigación e o patrimonio, ou eventos inesquecibles como o SinSal Litoral ou A Emoción dos Viños. Máis de 3.400 visitantes no mes de agosto, dan conta do respaldo a estas iniciativas.
O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet
Afortunadamente, a pandemia non mudou a estratexia e capacidade do Mosteiro, baseada nunha sostibilidade económica, social, cultural e medioambiental. O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet. Manter de forma continuada ese equilibrio entre eses aspectos, garantirá un proxecto singular, referente, e tractor, que espera ter o respaldo das administracións públicas dada a envergadura e impacto do mesmo.
A historia do Mosteiro comezouse a escribir no ano 1.149, e actualmente busca a través da súa posta en valor, ser un elemento dinamizador. Pouco a pouco estase a converter nun referente dun novo xeito de coidar o patrimonio, e de facer un turismo respectuoso que aporte riqueza á contorna.
Xoán Martínez, Director Xeral do Mosteiro de Oia: ‘Finalizamos un ano 2020 estraño pero que non conseguiu mudar a estratexia e a ilusión das accións fixadas a prol de rehabilitar o Mosteiro e dotalo de vida. Encaramos un ano 2021 moi importante, xa non unicamente pola complexidade dos pasos previstos senón polo que o Covid-19 poida condicionar. Seguiremos traballando por un obxectivo irrenunciable, e esperamos seguir sumando forzas para poder levalo ao cabo’.
A memoria pode ser descargada na páxina web do Mosteiro de Oia:




