spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates de Baiona renovou un ano máis...

O Monte Real Club de Yates de Baiona renovou un ano máis a bandeira azul

A bandeira azul ondeará un ano máis no Monte Real Club de Yates de BaionaO Monte Real Club de Yates renovou un ano máis a bandeira azul que distingue ao seu porto deportivo polo coidado ambiental das infraestruturas, a calidade das augas e a excelencia dos nosos servizos náuticos

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) incluíu ao Monte Real na lista de 11 portos deportivos de Galicia, 5 deles na provincia de Pontevedra, que obteñen este ano o distintivo de ‘porto deportivo bandeira azul‘.

O club consolida así unha distinción que mantén, de forma ininterrompida fóra dun ano, desde 1988, cun programa ambiental específico que recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde, entre outras accións.

Ademais do porto deportivo do MRCY, en Baiona onderán este ano bandeiras azuis en 6 praias: Barbeira, Concheira, Os Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.