spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Monte Real Club de Yates de Baiona organiza un campamento náutico...

O Monte Real Club de Yates de Baiona organiza un campamento náutico para que os máis pequenos poidan gozar das súas vacacións de Semana Santa no mar

Monte-Real-Club-Yates-Baiona-organiza-campamento-náutico-máis-pequenos-poidan-gozar-vacacións-Semana SantaO Monte Real Club de Yates e Wetsports Ladeira organizan, esta semana Santa, un campamento para que os máis pequenos poidan gozar duns días no mar aprendendo vea, kaiak e paddle surf.

O Campamento Naútico de Semana Santa, celebrarase en Baiona entre o 30 de marzo e o 3 de abril, coincidindo co período vacacional de colexios e institutos. Poderán participar nel nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 15 anos, a condición de que saiban nadar.

Hai un límite de prazas de 25 persoas. O prezo da actividade (de 9:30 da mañá a 19:00 da tarde) é de 200 euros. Inclúe comidas, seguro e aluguer do material necesario (neopreno e chaleco).

INFORMACIÓN XERAL

  • Data: Do 30 de Marzo ao 3 de Abril
  •  Lugar: Baiona
  • Horario: De 9:30 a 19:00
  • Idades: De 7 a 15 anos *
  • Límite de prazas: 25
  • Prezo: 200 Euros **

(*) É imprescindible que os nenos saiban nadar
(**) O prezo do programa inclúe as comidas dos 5 días de actividades, un seguro e o aluguer do material necesario (neopreno e chaleco)

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  • 9:30 > Recepción no Monte Real Club de Yates
  • 10:00 > Inicio da actividade de vela
  • 13:30 > Desembarco en Praia Ladeira
  • 14:00 > Comida
  • 15:00 > Actividades de kaiak e paddle surf
  • 19:00 > Fin de actividade en Wetsports Ladeira

INFORMACIÓN, RESERVAS E INSCRICIÓNS

MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA
Por email: secretaria@mrcyb.com
Por teléfono: 986 385 000 / 625 261 586

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.