Inicio Val Miñor Baiona O Monte Real Club de Yates celebra o acto de clausura do...

O Monte Real Club de Yates celebra o acto de clausura do sexto curso da súa Escola de Vela Adaptada para persoas con diversidade funcional

monte-real-club-de-yates-celebra-o-acto-de-clausura-do-sexto-curso-da-sua-escola-de-vela-adaptada-para-persoas-con-diversidade-funcionalO Monte Real Club de Yates celebrou esta mañá en Baiona os sexto aniversario da súa Escola de Vela Adaptada, creada no 2012 co obxectivo de achegar o mundo da vela a persoas con diversidade funcional, promovendo así a súa integración na sociedade.

Durante o últimos seis anos, máis de 300 alumnos con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais navegaron nos barcos adaptados do club grazas aos cursos de vela inclusivos que o Monte Real ha organizado co apoio de Fundación Repsol e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Deporte Galego.

Mellorar o nivel físico e emocional das persoas con discapacidade, aumentar a súa autoestima, incentivar as relacións entre compañeiros, xerarlles motivación e que gocen en contacto directo coa natureza, achegándoos ao mar, son os principais beneficios que se conseguen con este tipo de actividades, impulsadas desde a única escola do noroeste peninsular que funciona ao longo de todo o ano.

Os últimos alumnos que pasaron polo Monte Real para participar no seu programa de “Vela para todos” son usuarios de asociacións como o Centro Juan María de Nigrán, o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela ou a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares ( ASEM Galicia).

Asistiron a cursos de vela lixeira e cruceiro, fixeron travesías pola baía de Baiona e chegaron a participar en competicións de alto nivel como o Trofeo Príncipe de Asturias. Este mércores, como broche de ouro ás súas actividades, asistiron ao acto de clausura da escola e recibiron uns diplomas que acreditan a súa participación nos cursos.

Durante o evento, o presidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez, lembrou como a educación e o emprego foron, desde sempre, os dous alicerces básicos para chegar á plena inclusión social, e como o club apostou –dixo- por un terceiro alicerce, o da práctica deportiva. “Lograr que todo aquel que o desexe poida practicar deporte en igualdade de condicións foi, desde o principio, o noso principal obxectivo e tamén o noso reto. Un reto –asegurou – que asumimos cunha enorme responsabilidade por todo o que implica”. Trátase, dixo Álvarez, de integrar coa máxima normalidade ás persoas con discapacidade na sociedade, e a práctica náutica, desde o seu apartado máis lúdico ata o competitivo, é unha forma tan boa ou máis que calquera outra, afirmou o presidente do Monte Real.

A Escola de Vela Adaptada do club baionés conta, na actualidade, con tres barcos GOS16, un tipo de embarcación estable e segura que facilita a navegación destas persoas. Tamén dispón dun guindastre específico para que os alumnos poidan acceder aos barcos con maior facilidade, un camiño adaptado para que transiten polo club con seguridade e varios monitores formados especificamente para ensinarlles a navegar.

Ao acto de clausura do sexto curso da Escola de Vela Adaptada do Monte Real asistiron, este mércores, o subdirector xeral de promoción de autonomía da Xunta de Galicia, Luís Miguel Vázquez; o xefe de servizo de dependencia do goberno autonómico, José Ignacio Martínez; e o xefe provincial de deportes, Daniel Benavides. Estiveron tamén presentes o alcalde de Baiona, Angel Rodal; e varias responsables de Fundación Repsol, Luisa Roldan e Ana Ferguson da área Social e Inés González do departamento de mariña e pesca de Repsol. Por parte do club baionés asistiron varios membros da Xunta Directiva, e o vicepresidente Alejandro Retolaza foi o encargado de clausurar o acto. Na súa intervención fixo un breve repaso do pasado, presente e futuro da Escola de Vela Adaptada, como un soño –dixo- que finalmente puideron facer realidade, e que esperan seguir consolidando nos próximos anos. Anunciou tamén Retolaza a celebración, o próximo 15 de setembro, da cuarta edición do Vertiatlón, un tríatlon solidario co que o club recada fondos para a súa Escola de Vela Adaptada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies