spot_img
InicioVal MiñorBaionaO "Mi Moneda" gaña o Trofeo Vitaldent J80 do Monte Real...

O “Mi Moneda” gaña o Trofeo Vitaldent J80 do Monte Real Club de Yates de Baiona

"Mi Moneda"-gaña-Trofeo-Vitaldent-J80-Monte-Real-Club-Yates-BaionaMantívose líder durante as últimas xornadas da competición e finalmente non defraudou. O “Mi Moneda”, de Guillermo “Willy” Caamaño alzouse este domingo en Baiona coa vitoria do Trofeo Vitaldent J80 do Monte Real Club de Yates.

O broche de ouro á súa destacada presenza no campionato púxoo nunha xornada con moi pouco vento, na que só se puido disputar unha manga e na que, ademais, houbo que acurtar o percorrido.

A bordo do barco, parte da tripulación habitual. Willy Caamaño á cana, Jacobo Veciño substituíndo na proa ao lesionado Jose Quiñones, Cesar Infante e Marcos Alonso. Nesta última xornada non competiu con eles Laureano Wizner, que si estivo presente noutras regatas previas.

A prata e o bronce do Trofeo Vitaldent J80 foron para o Virazón de Miguel Lago e o Luna Nueva de Juan Luís Tuero, que se mantiveron nos postos de honra durante todo o campionato. O Namasté de Luís de Mira, o Ferralemes de Roberto Fontán e Nortada de Iago Carballo completan a clasificación xeral.

Na entrega de premios, celebrada ao finalizar as probas nas instalacións do Monte Real, Willy Caamaño dedicoulle a vitoria ao recentemente falecido Rafael Olmedo, presidente do club baionés durante os últimos 42 anos.

A próxima cita coas competicións do Monte Real será o próximo mes de abril coa Regata de Inverno-Trofeo Turismo Rías Baixas, que este ano se disputará en dous sábados consecutivos, os días 18 e 25. A inscrición é gratuíta e o prazo para presentala xa está aberto.

"Mi Moneda"-gaña-Trofeo-Vitaldent-J80-Monte-Real-Club-Yates-Baiona"Mi Moneda"-gaña-Trofeo-Vitaldent-J80-Monte-Real-Club-Yates-Baiona

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.