spot_img
InicioO MorrazoMoañaPortos de Galicia adxudica as obras de construción do pantalán de mexilloeiros...

Portos de Galicia adxudica as obras de construción do pantalán de mexilloeiros do peirao do Con, en Moaña

Portos-Galicia-adxudica-obras-construción-pantalán-mexilloeiros-peirao-do-Con-MoañaPortos de Galicia vén de adxudicar as obras de construción do pantalán para embarcacións mexilloeiras do peirao do Con, no municipio pontevedrés de Moaña. Esta é a última fase de tramitación previa ao inicio dos traballos que contarán cun investimento de máis de 300.000 euros.

Os traballos consisten fundamentalmente na construción dun pantalán para embarcacións mexilloeiras ao que se accederá por medio do pantalán pesqueiro actual. O pantalán mexilloeiro estará construído en formigón armado con armadura galvanizada e contará con tres metros de anchura por 60 de lonxitude.

O proxecto inclúe tamén a instalación de fingers, brazos de amarre, para facilitar o atraque e as condicións de seguridade para as embarcacións menores. O acceso ao pantalán de formigón realizarase por medio dunha rampla pasarela de 2 metros de anchura por 2 de lonxitude, que estará anclada ao propio pantalán.

Os traballos veñen de ser adxudicados á empresa constructora por un orzamento total de 313.298 euros e o prazo de execución previsto para a obra é de cinco meses. Con esta actuación, Portos de Galicia dá resposta ás demandas do sector profesional e en concreto da cuarta lista.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.