spot_img
InicioVal MiñorNigránO membro do GES Val Miñor, Pablo Martínez Lemos, marcha a un...

O membro do GES Val Miñor, Pablo Martínez Lemos, marcha a un campo de refuxiados en Grecia

O Concello de Nigrán participará no proxecto cunha exposición fotográfica que retrate a súa experiencia no campo de Katsikas

O membro do Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor, Pablo Martínez Lemos, foi recibido polo alcalde de Nigrán, antes da súa marcha o domingo ao campo de refuxiados de Katsikas, en Grecia, onde pasará 8 días.

O bombeiro de 36 anos viaxa como voluntario da “Asociación Participa para la Inclusión Social” xunto a unha fotógrafa e outros dous compañeiros de A Coruña co obxectivo de traballar na acumulación e distribución de material que dende hai un ano organiza a Agrupación Integral de Rescate e Emerxencias (AIRE) de A Coruña.

O Concello de Nigrán, na súa política de concienciación social fronte o drama dos refuxiados, participará no proxecto cunha exposición fotográfica ao seu regreso e diferentes acción divulgativas.

Non é a primeira vez que Pablo afronta este tipo de misión solidaria, en 2011 estivo traballando nunha casa de acollida en Etiopía e, ademáis, é experto en casos de emerxencia e discapacidade.

“O mundo non se acaba na nosa cidade, hai xente máis alá que vive moi diferente a nos, que sí temos as necesidades básicas cubertas”, reflexionou Pablo, quen comparte o espíritu solidario coa súa familia. “Todos estamos vinculados profesionalmente a temas sociais e, ao mesmo tempo, participamos en proxectos solidarios”, explicou este bombeiro que, recoñeceu, “este tipo de experiencias cambia o xeito de ver a vida”.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.