spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO mellor amigo, tamén nas aulas

O mellor amigo, tamén nas aulas

O mellor amigo, tamén nas aulasOs alumnos da escola infantil de Romariz de Soutomaior participaron nun taller de estimulación sensorial asistida por cans

“ Uma”, así se chama a Golden Retriever que esta mañá visitou aos alumnos da escola infantil de Romariz dentro do programa xuvenil de intervención social nos centros educativos organizado polo Concello de Soutomaior. A iniciativa busca, mediante a axuda dos animais, mellorar as capacidades sensitivas e motoras dos alumnos.

Dado que o can non fala o mesmo linguaxe que eles, os nenos necesitan usar medios como a linguaxe corporal para entenderse. Unha acción coa que os profesionais buscan que o neno empatice co can e cre un vínculo con el para comprender como sente. Desta maneira preténdese mellorar a capacidade motora do neno á vez que se potencian as súas habilidades de relación e expresión. Calidades que mellorarán as relacións interpersoais do neno durante toda a súa vida.

Segundo indican desde a empresa organizadora destes talleres, a relación cos cans incrementa os niveis de oxitocina nas persoas. Unha hormona que nos axuda a diminuír a tensión, combater os efectos da depresión á vez que mellora a construción de relacións de confianza.

A edil de Igualdade, Cristina González, visitou o desenvolvemento desta iniciativa que cualificou como “moi nova e práctica. É todo un acerto apostar polos animais na educación porque conectan cos nenos dunha maneira moi especial e axúdannos a inculcar valores moi positivos “.

- Publicidade -spot_img