spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda recupera a fonte lavadoiro de Xixolla

A Guarda recupera a fonte lavadoiro de Xixolla

A Guarda recupera a fonte lavadoiro de XixollaAs obras realizaranse con cargo a unha axuda para rehabilitar e sinalizar patrimonio histórico cultural da Deputación de Pontevedra

O Concello da Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na Rúa PO-552 na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.

A posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso é unha obriga mais que unha necesidade, a xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca.

O lavadeiro de xixolla, datado no ano 1.913 segundo consta na pedra labrada sobre o cano, foi rehabilitada nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade, precisan de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos.

As actuacións a levar a cabo no lavadoiro da Xixolla, pasan por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizarase dun xeito manual.

Para os elementos de madeira se procederá á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.

- Publicidade -spot_img