
Editado conxuntamente polo MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo e a Fundação Carmona e Costa, o libro reúne material inédito con obra gráfica e poética de Martins dende 1964 ata a actualidade.
Hoxe non salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo tivo lugar a presentación de Cadernos/Cadernos, de Jorge Martins, un libro coeditado polo Marco e a Fundação Carmona e Costa, que recolle unha parte esencial da obra gráfica e poética deste artista, convertido nun dos nomes referenciales da plástica portuguesa contemporánea.
Acompañando ao artista, estiveron o editor, crítico e comisario Óscar Alonso Molina, e Miguel Fernández-Cid, director do Marco.
Estaba previsto que tamén asistise a presidenta da fundación, Graça Carmona e Costa e persoa clave na escena artística contemporánea, tanto pola súa dilatada traxectoria como polo seu apoio a varias xeracións de artistas en Portugal e noutros países, finalmente non puido vir.
A exposición JORGE MARTINS. Sombras e paradoxos tivo lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2019-2020). Comisariada por Óscar Alonso Molina, contou coa colaboración de Fundação Carmona e Costa, MEIAC Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo de Badajoz, e CAMÕES Instituto da Cooperação e da Língua de Portugal.




