Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos.
A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.
Se ben cada sesión é independiente, o programa e contidos articúlanse ao redor de catro fíos temáticos: espazos exteriores/interiores, retratos/autorretratos, obxectos animados, e relatos/comunicación.
Unha forma diferente de compartir experiencias nesta nova etapa.
+ INFO e avance contidos sesións: http://www.marcovigo.com/content/cara-f-ra-cara-adentro-obradoiros-infant-s-de-ver-n
OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Para participantes de 6 a 12 anos
Datas: do 8 ao 31 de xullo de 2020
Horario: martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00
Lugar: MARCO, plaza peonil posterior e salas de exposición
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN
Listas abertas para cada sesión ata completar aforo (máximo 15 participantes por sesión)
Inscricións:
Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
Máximo inscrición 2 participantes por adulto



