spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO expón ata setembro as creacións da artista arxentina Laura Lio

O MARCO expón ata setembro as creacións da artista arxentina Laura Lio

o-marco-expon-ata-setembro-as-creacions-da-artista-arxentina-laura-lioO Museo de Arte Contemporánea expón desde onte e ata o 21 de setembro as obras da creadora Laura Lio, reunidas na mostra “Savia e sangue”.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Na obra de Laura Lio (Bos Aires, 1967, residente en Madrid dende 1990) únense un forte
compromiso social –político, ecolóxico, feminista, colectivo, contemporáneo– cunha
defensa dun traballo rigoroso, metódico, lento, sen atallos.

Detrás dos seus debuxos e obxectos hai unha observación minuciosa e unha análise
previa que busca a orde interna que percibe na natureza –o crecemento dunha árbore,
as nervaduras dunha folla, as formas estilizadas dunha rama illada– ou o sentido das
construcións que realizan os animais (os niños son un bo exemplo): estruturas sólidas
en obxectos mesmo fráxiles, leves.

A orde natural, as imaxes, a linguaxe da arte e a palabra; a obra que crece lenta, de cote
en series para buscar alternativas; a pregunta que nos inquieta como espectadores; o
rexeitamento do azaroso; a síntese formal que sabe unir a un fondo poético inquietante:
ideas que se perciben ante unha obra sutil, en extremo persoal.

Dende finais dos anos 80, dá inicio a unha especie de biblioteca na que uns libros son
tratados como obxectos-poemas visuais, algúns cun contido crítico moi directo; outros
semellan un resumo de ecos, seducións, vivencias, memoria; e un terceiro grupo
desprégase ante nós como unha paisaxe, ao xeito oriental.

Realiza tamén outro traballo máis directo e urbano, que lle permite utilizar como
soporte as paredes intervidas por sucesivos carteis publicitarios con mensaxes moi
distintas que, fragmentados e postos en relación, formulan comentarios sobre a
realidade, directos e ao tempo poéticos.

Con obra en museos como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid ou o
Museo Patio Herreriano de Valladolid, Laura Lio ten proxectos de intervención pública,
próximos ao land art, e investigacións que resume en publicacións como Refugios del
cuerpo y la imaginación, un suxestivo ensaio sobre as relacións –visuais, funcionais,
poéticas– entre as construcións dos animais, a arquitectura, e as obras dos artistas
contemporáneos.

SOBRE A ARTISTA

Artista plástica, escritora e editora, Laura Lio (Bos Aires, 1967) cursou os seus estudios de
Belas Artes en Bos Aires e Madrid, cidade na que reside dende 1990. Dedicada á
investigación e á creación en artes plásticas, desenvolve o seu traballo en distintos
formatos e medios, como esculturas, instalacións, proxectos de land-art, obra en papel,
debuxo, artes gráficas e libros de artista. No ano 2015 crea PEZPLATA Edicións, un selo de
libros de artista e material impreso con sede no seu NavEstudio. En 2022 publícase o seu
libro Esporas (Ed. Dosparedesy1puente, Madrid) e en 2023 o seu ensaio Refugios del cuerpo y la imaginación (Ed. Asimétricas, Madrid), sobre as relacións que existen entre as
construcións dos animais, a arquitectura e a arte contemporánea a través da análise de
aspectos funcionais e poéticos.

o-marco-expon-ata-setembro-as-creacions-da-artista-arxentina-laura-lio

En xaneiro de 2024 foi invitada a formar parte do workshop Artivism in the European
elections 2024: Involving cultural actors (Parlamento Europeo de Bruxelas), e dende o ano
2023 forma parte da Rede Conceptualismos del Sur, plataforma de investigación, discusión
e toma de posición colectiva dende América Latina.

De 2010 a 2015 traballou como Profesora Asociada na Facultade de Belas Artes de Cuenca,
e foi invitada a formar parte de xurados internacionais e a impartir conferencias noutras
universidades europeas. Recentemente, comezou a traballar en proxectos curatoriais de
arte contemporánea, como “Imprimir/desplegar/cantar” organizado co Instituto Cervantes
de Nápoles. As súas obras foron publicadas en numerosos catálogos e libros, e entre os
premios e bolsas máis recentes cóntanse unha estanza de creación en China (Instituto
Cervantes de Pekín, 2016) e a súa participación no proxecto Art Meets Science en Harlösa,
Suecia.

Laura Lio ten realizado 22 exposicións individuais en España, Arxentina, Francia, Italia e
outros países, e a súa obra incluíuse tamén en importantes exposicións colectivas, como El
retorno de lo imaginario. Realismos entre el XIX y el XXI (MNCARS, 2010), e Printed Matter
(MoMA, 2018). Varias das súas esculturas están en espazos públicos, como O Grove
(Pontevedra), Odenwald (Darmstadt, Alemaña), Centro Franco Basaglia (Livorno, Italia) e Strömsfors, Suecia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.