spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos da...

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos da xeración 148 da Academia de Roma

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos de xeración 148 da Academia de Roma
Artistas acompañados de autoridades no acto de presentación

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos dende a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial ata o domingo (coa inauguración da exposición PROCESSI 148) que que inclúe obradoiros para público infantil e adulto, presentación dunha instalación do grupo Diseñatas (Fundación Igualarte), lecturas en salas, a reactivación da performance de Xoel López, e a presentación do catálogo da exposición de Francisco Leiro, entre outras actividades

Revista COUSAS DE Nº15

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, no ano da celebración do seu 20º aniversario, inaugura en España a exposición MARCO. Academia Roma. Processi 148, en co-produción coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Academia de España en Roma. A mostra, comisariada por Enrique Bordos, reúne un conxunto de obras e proxectos desenvolvidos polos 21 artistas que, na promoción 2020-2021, residiron no complexo conventual de San Pietro in Montorio, sede da Academia de Roma. Este proxecto poderá visitarse en Vigo desde o 10 de novembro de 2022 ata o 5 de febreiro de 2023.

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos de xeración 148 da Academia de Roma

MARCO. Academia Roma. Processi 148 aúna, nunha mesma exposición, proxectos de moi diversas disciplinas que van desde a pintura ao deseño de moda, pasando polas artes escénicas, fotografía, gravado, videoarte, literatura, música, mediación artística, escultura e gastronomía. É o resultado de meses de traballo, de concepción de ideas retroalimentadas e experiencias compartidas froito do programa anual de bolsas que convoca o Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación a través da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), que expón unha presentación colectiva destes traballos en Italia e en España.

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos de xeración 148 da Academia de Roma

Camiño de 150 anos de historia, os creadores e investigadores que pasaron polos muros da Academia superan xa os 1.000 e, como dato relevante e histórico, esta edición que cumpre xa 148, é a primeira que conta cunha presenza maioritaria de mulleres creadoras.

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos de xeración 148 da Academia de Roma

Durante estes meses, as salas do MARCO converteranse nun inmenso escaparate da creación contemporánea que permitirá ao visitante transitar por diversas linguaxes artísticas en diferentes espazos do museo. Tomando a testemuña do Azkuna Zentroa Alhóndiga de Bilbao, a presenza desta exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo certifica o compromiso da AECID e a Academia de España en Roma de continuar impulsando a idea de fomentar e difundir en diferentes lugares o resultado creativo dos residentes bolseiros en Roma.

O Marco celebra o seu 20 aniversario coa presentación dos traballos de xeración 148 da Academia de Roma

A exposición PROCESSI 148 reúne a obra realizada polos artistas residentes na Academia de España en Roma dentro do seu programa anual de bolsas de produción e residencia artística. No curso académico 2020-21, a obra dos artistas residentes, 21 en total, abrangue dende a arte figurativa ata a tecnoloxía multimedia, incluíndo tamén fotografía, danza, cinema, novela gráfica, pasando pola moda e a gastronomía, entre outras disciplinas.

Área de Conservación e Restauración de Bens Culturais

VIRGINIA MORANT GISBERT, alicantina de Ibi, e que leva anos traballando en Holanda, falounos de Il risveglio dell’archivio fotografico dell’Accademia di Spagna a Roma,  que ten como obxectivo poñer en valor o arquivo fotográfico da Real Academia de España en Roma dende a perspectiva da conservación e a restauración contemporáneas. Un proxecto que contemplou varias fases: a avaliación, a restauración, o realoxamento e a dixitalización, destinadas a mellorar a preservación futura e posibilitar o acceso. Para levar a cabo a reactivación do arquivo realizáronse diversas accións, presentadas na mostra 148 a xeito de conclusións. Di Virxinia, que do que unha das cousas coa que máis disfruta é do proceso de investigación

Todos os artistas participantes: Irene de Andrés / Toni Amengual / Natividad Bermejo / Gadea Burgaz / Alán Carrasco / Sara García / Gonzalo Golpe / Maral Kekejian / Yeyei Gómez / Cristina Morales / Virginia Morant / Carlos Pardo / Txuspo Poyo / Javier Quislant / Muriel Romero / María Del Mar Sáez / Shirin Salehi / Miguel Torres / Elo Vega / Leire Vergara / Àngels Viladomiu

Programa 20 aniversario

Coa inauguración desta exposición, o Marco inicia un programa de celebración do vixésimo aniversario da súa apertura.

+ INFO web MARCO https://bit.ly/3EiM7qU

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.