spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO avanza a súa programación de exposicións para o primeiro semestre...

O MARCO avanza a súa programación de exposicións para o primeiro semestre de 2021

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) abre de novo as súas portas ao públicoO MARCO fai balance dos últimos meses e avanza a súa programación de exposicións para o primeiro semestre de 2021, aprobada na recente reunión do Padroado da Fundación MARCO

A reapertura ao público dos espazos da planta baixa —cos proxectos de Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, e Rosendo Cid— e a individual de Din Matamoro nas salas do primeiro andar, todas elas de produción propia, xunto á colaboración con outros museos e institucións —como o MEIAC de Badaxoz para itinerancia das exposicións de Glenda León e Celeste Garrido— son algunhas das chaves deste novo período.

O xoves 28 de xaneiro de 2021 tivo lugar por vía telemática a reunión do Padroado da Fundación MARCO que, entre outros asuntos de relevancia, fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. A Dirección do Museo fixo énfase na necesidade de continuar a liña de traballo iniciada a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura.

Nun balance positivo tras un ano especialmente complexo, ao longo deste 2020 conseguiuse manter a actividade cultural en condicións sanitarias seguras, e paralelamente avanzar en tareas prioritarias a medio e longo prazo: reparación de cubertas, acondicionamento de distintos espazos, instalación de novos sistemas de peche, e establecemento de criterios de eficiencia e control de gasto enerxético, en liña coas directrices do ICOM e os seus Obxectivos para un Desenvolvemento Sostible.

Ao mesmo tempo, avanzouse na colaboración con outras institucións (Universidade de Vigo, Fundação Carmona e Costa, Instituto Camões, AC/E, Fundación “la Caixa”, Fundación Sabadell, Fundación ABANCA) e museos, nomeadamente o MEIAC de Badaxoz para a coprodución e itinerancia das exposicións de Celeste Garrido e Glenda León en ambas as dúas sedes.

Cara ás perspectivas de futuro e programación de 2021, un dos feitos máis relevantes é a próxima reapertura das salas de exposición da planta baixa, o que —sempre que a situación o permita— recuperará para o público algúns dos espazos máis singulares do edificio. Para esta especial ocasión, a proposta reúne “4 PROXECTOS” dos artistas Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, e Rosendo Cid, concibidos específicamente para cada un dos espazos da planta baixa

A partir de mediados de abril, reforzando este interese e compromiso polas mostras de producción propia, a individual de Din Matamoro centrará a programación nas salas do primeiro andar. Un percorrido pola obra máis recente e evocadora dun artista esencial, que coincidirá no tempo coa mostra de Glenda León, posible grazas á colaboración co MEIAC de Badaxoz; Museo que comparte co MARCO o seu pasado como cárcere, un feito co que establecen un diálogo algunhas das obras presentes nesta exposición.

AVANCE EXPOSICIÓNS 2021

PLANTA BAIXA

26 marzo – 29 agosto

“4 PROXECTOS”

Mónica Alonso

Mar Vicente

Salvador Cidrás e Juan Cidrás

Rosendo Cid

PRIMEIRO ANDAR

Din Matamoro

16 abril – 12 setembro 2021

Glenda León

Abril – agosto 2021

PLANTA BAIXA

Manuel Quintana Martelo

10 setembro – 9 xaneiro 2022

PRIMEIRO ANDAR

Alfredo Alcain

24 setembro 2021 – febreiro 2022

XXV Maratón Fotográfico “Concello de Vigo”

Outubro – decembro 2021

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.