spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán a estrea en Movistar+ o novo programa de Zahara 'Una historia,...

Nigrán a estrea en Movistar+ o novo programa de Zahara ‘Una historia, una canción’

Nigrán a estrea en Movistar+ do novo programa de Zahara 'Una historia, una canción'Nigrán será o gran protagonista este xoves 4 ás 22:00 da estrea do programa de Moviestar+ ‘Una historia, una canción’, conducido pola cantante Zahara, quen continúa así coa súa traxectoria televisiva iniciada como profesora de Cultura Musical en OT 2020.

Esta viaxe cultural por catro pobos de España é un proxecto orixinal de Moviestar + , que se decanta polo municipio miñorano para o seu debut, continuando despois por Los Alcázares (Murcia), Cuevas de Cañart (Teruel) e, finalmente, Úbeda (Jaén).

Foi gravado o pasado mes de setembro cos incendios de 2017 como fío condutor e incluíu un pequeno concerto de Xoel López con Ivan Ferreiro e a propia Zahara

Zahara desprazouse o pasado mes de setembro ata Nigrán para lembrar, cos seus veciños, os incendios forestais de 2017, un dos máis graves dos últimos anos. No programa poderá verse como a cambio dos seus testemuños, a artista regálalles temas de The Beatles, David Bowie ou Ed Sheeran. O gran colofón final deste primeiro episodio é un pequeno concerto gravado no Pazo de Cea do coruñés Xoel López e no que tamén colabora o miñorano Iván Ferreiro e a propia cantante.

“É unha honra que Nigrán fose elixido entre os catro pobos máis bonitos de España e tamén unha gran oportunidade para darnos a coñecer en todo o país, isto é un gancho para cando se poida retomar o turismo nacional”, sinala o alcalde, Juan González, quen asistiu a parte da gravación e asesorou ao equipo de produción para localizar os espazos con máis encanto do municipio. Precisamente, tamén coa temática dos incendios como fío condutor, Nigrán foi con gran éxito no 2018 o protagonista do programa de Calleja ‘Volando Voy’ e tamén de ‘Master Chef’, de Cuatro e TVE respectivamente. “Non desperdiciamos ningunha oportunidade para saír na televisión a nivel nacional porque somos conscientes de que é unha promoción exterior valiosísima”, explica o rexedor.

- Publicidade -spot_img