Exposición fotográfica do proxecto “Un mar de saberes” en Sotomaior
O Multiusos de Arcade acolleu este xoves, as 19:30 horas, ainauguración da exposición fotográfica “Un Mar de Saberes”. Unha mostra na que se recollen instantáneas das actividades realizadas polos escolares do municipio durante os últimos meses e que tiñan como obxectivo concienciar aos menores sobre a importancia do mar, da súa cultura e a súa industria asociada á historia do municipio.
A exposición didáctica “Un Mar de Saberes” é a concreción final do proxecto do mesmo nome que se vén realizando no Concello de Soutomaior dende o pasado mes de marzo.
O proxecto foi financiado pola Consellería de Medio Rural e do Mar, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Unión Europea , a través do Fondo Europeo de Pesca
Nas súas propias aulas, un total de 937 escolares aprenderon a importancia da conservación da
natureza combinando a exposición de elementos de concienciación ambiental con xogos e dinámicas prácticas de grupo.
Estas charlas de sensibilización víronse reforzadas coas xornadas de voluntariado nas que os alumnos de 1º a 4º de primaria se desprazaron ao litoral para estudar e recoller elementos alleos ao ecosistema da costa.
Más información: http://www.mardesaberes.com/



