spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense segundo e Breogán terceiro no Nacional de Pista

O Kayak Tudense segundo e Breogán terceiro no Nacional de Pista

o-kayak-tudense-segundo-e-breogan-terceiro-no-nacional-de-pistaSete clubs galegos entre os dez primeiros no medalleiro por equipos.

A actuación dos conxunto galegos no Campionato de España de Pista Senior e Sub23, celebrado no encoro de Trasona(Avilés) este fin de semana só se pode cualificar de impresionante.

O Club Kayak Tudense foi segundo na xeral de clubs por detrás do Náutico Sevilla. Os de Tui lideraron o campionato os dous primeiros días de competición, ata o domingo onde na distancia de 200 metros os andaluces lograron reducir os puntos que lles separaban ata alcanzar a vitoria. A terceira posición foi para o Club Breogán de O Grove, un posto que conseguiu de maneira moi axustada ao avantaxar con tan só tres puntos ao Club Náutico de Palma. Outros dous clubs galegos terminaron entre os dez mellores equipos nacionais, o Club As Torres Romaría Viquinga foi sétimo e o Club Piragüismo Poio-Conservas Pescamar oitavo.

Con estes resultados a clasificación xeral da liga Hernando Quella deixa a cinco clubs entre os dez primeiros. O Kayak Tudense é segundo con 414 puntos, os mesmos que o primeiro clasificado o Náutico de Sevilla, o desempate produciuse ao vencer os sevillanos no nacional de pista, terceiro con 391 puntos queda o Breogán de O Grove. A sexta, sétima e oitava praza son respectivamente para Piragüismo Poio, As Torres e E.P. Cidade de Pontevedra.

Onde non hai dúbida do dominio galego é no medalleiro, ata sete clubs entre os dez mellores. En primeiro lugar o Breogán con 20 metais(9 de ouro, 6 de prata, 5 de bronce), terceiro con 8 de ouro para o Náutico Rodeira, cuarto con 16 sitúase o E.P. Cidade de Pontevedra(7 de ouro, 6 de prata, 3 de bronce), quinto o Kayak Tudense con 17(6 de ouro, 5 prata, 6 de bronce) sexto con 14 o Club Piragüismo Poio,(6 de ouro, 4 de prata, 4 de bronce), oitavo con 6 para Náutico Firrete(4 de ouro, 2 de prata) e décimo lugar para o Náutico Betanzos con 5(3 de ouro, 1 de prata, 1 de bronce).

Ademais, a falta de confirmación oficial o Club Kayak Tudense reedita o triunfo na Copa do Rey e o Breogán de O Grove vence na Copa da Raíña.

A próxima cita para o piragüismo galego será o próximo fin de semana na celebración do Campionato Galego de Pista Senior e Xuvenil nas distancias de 1000 metros e 200 metros para os homes, as mulleres participarán en 500 metros e 200 metros, tanto nas embarcacións individuais como dobres e cuádruplos.

- Publicidade -spot_img