
A Estación Marítima de Vigo acolle o vindeiro domingo 23 a cuarta edición do Certame de Rondallas, no que participarán 13 agrupacións do Porriño, Mos, Vigo, Nigrán, Gondomar e Tui.
Na edición deste ano participarán dúas rondallas do Porriño (Santa Eulalia de Atios e Pontellas), dúas de Gondomar ( Nosa Mercé de Chaín e Vincios), catro de Mos (Torroso, Santa Eulalia de Mos, Santiaguiño de Guizán e Herville), unha de Nigrán (Santiago de Parada), unha de Tui ( Pexegueiro) e tres de Vigo (Valladares, Beade e Helios de Bembrive).
A entrada será gratuíta pero o aforo estará limitado. Os asentos ocuparanse por orde de chegada.



