Instituto da Mocidade ( INJUVE) e a Universidade de Vigo presentaron este mércores, na Sala Cambón, a nova xornada do Programa PrevenT para a promoción de hábitos de vida en mozas e mozos a prevención da enfermidade cardiovascular desde as primeiras etapas da vida. A Xornada desenvolverase no Campus Lagoas- Marcosende, o próximo 18 de abril.
Na presentación interviron, Javier Dourado Soto, director do INJUVE; Manuel J. Fernández Iglesias, Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo; Ignacio López-Chaves Castro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo e Jose Luís Nuñez Gago, CEO de S. H. Clinifarma.
A xornada conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e co patrocinio da Fundación Mylan para a Saúde e de Subministracións Hospitalarias Clinifar
Javier Dorado explicou que “este é un programa que hemos deseñado desde Injuve coa colaboración do doctor Donaire e coa finalidade de previr os hábitos nutricionáis nocivos na xuventude desde as primeiras etapas da vida”. Dorado, tamén quiso agradecer a Universidade de Vigo as facilidades para poder desenvolver esta Xornada. Tamén detallou os contidos do programa.
O día 18 de abril de 2018 o programa PrevenT chega á Universidade de Vigo con contidos e actividades para fomentar un estilo de vida saudable na mocidade mediante a formación e a sensibilización relativas aos hábitos de vida saudable. Así mesmo, o programa pretende informar sobre os riscos que existen para a saúde, promover a adquisición de hábitos saudables e dar a coñecer as políticas de saúde pública que estean baseadas na prevención dos diferentes factores de risco.
O obxectivo do Programa PrevenT do INJUVE é promover hábitos de vida saudable e a saúde cardiovascular na mocidade mediante a formación e difusión dos datos e evidencias dispoñibles. Quere expoñer o problema e dar a coñecer as políticas de saúde pública que estean baseadas na prevención e no diagnóstico e tratamento precoz.
A actividade ten un carácter multidisciplinario e un desenvolvemento eminentemente práctico, involucrando novos e a profesionais (dos ámbitos de mocidade, educativo e sanitario) que traballan con mozos, para previr diversos factores de risco para a saúde. Nesta xornada poden participar xóvenes, técnicos de mocidade, profesionais da saúde e da actividade física e o deporte, así como outras persoas interesadas.
A xornada divídese en tres partes: A primeira, de introdución, consta de varias mesas interactivas e participativas sobre factores cardiovasculares e actividades deportivas. A segunda, exposta de forma plenaria, inclúe catro relatorios e o debate con participación dos asistentes xunto aos expertos. O formato é interactivo, con charlas curtas e un enfoque práctico e participativo. A terceira parte consta de talleres prácticos que abordan os principais factores de risco e onde os asistentes interaccionan co relator desde o inicio da actividade.



