spot_img
InicioAlto MinhoO II Torneo de Xadrez da Eurocidade reunirá a 120 xogadores de...

O II Torneo de Xadrez da Eurocidade reunirá a 120 xogadores de Galicia e Portugal cun formato organizativo único no mundo

Tui acolle o  “II Torneo de Xadrez da Eurocidade”, un evento que comparten dúas cidades en dous países, un formato organizativo único no mundo.

Organizado por Xadrez Galego, conta coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença e os clubs tudenses, Club Xadrez Tui e Club Xadrez Infortui, e nesta segunda edición contará con 120 xogadores de Galicia e Portugal, destacando a presencia de varios mestres internacionais e campións galegos e portugueses.

O torneo disputarase dende ás 10h en Tui, na Sala de Exposicións da Área Panorámica. As rondas finais celebraranse pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, nos xardíns de Valença.

A partir das 20.00 horas españolas realizarase o acto de clausura, coa entrega de premios, trofeos e outros obsequios entregados polas casas colaboradoras.

A maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de promoción do xadrez, con partidas rápidas con todas as persoas que queiran achegarse a ver o torneo e xadrez xigante para os máis cativos.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.