Inicio Galicia O IGADI e a Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh (Vietnam)...

O IGADI e a Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh (Vietnam) subscriben un acordo de colaboración

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI, www.igadi.gal) e a Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh (http://english.hcma.vn/), subscribiron o día 9 en Madrid un acordo de colaboración que permitirá realizar intercambios e investigacións entre as dúas institucións.

Para o director do IGADI, Xulio Ríos, este acordo representa un paso máis na profundización do enfoque que deu vida ao propio IGADI hai 25 anos, isto é, o estudo tras transicións das economías planificadas a economías de mercado. A investigación da “doi moi” ou política de reforma e apertura aplicada en Vietnam, completará os casos xa presentes na actividade do Instituto referidos aos países do antigo socialismo real, Cuba ou China.

O vicepresidente da Academia Nacional de Políticas Ho Chi Minh, Nguyen Tat Giap, salientou a importancia deste acordo, o primeiro do seu tipo en España, para intercambio experiencias no ámbito das transicións nos respectivos países.

Os asinantes comprometéronse a dotarse dunha axenda de traballo que teña en conta tanto os intereses dos respectivos centros como igualmente a implicación das respectivas sociedades.

No acto participou o embaixador de Vietnam en España, Nguyen Ngoc Binh.

Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI, www.igadi.gal)

Creado en 1991, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies