spot_img
InicioBaixo MiñoO historiador Suso Vila elixido pregoeiro da XIX edición da romaría Os...

O historiador Suso Vila elixido pregoeiro da XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños

XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e MuíñosO vindeiro 1 de maio a Asociación Muiñeiros do Río Tripes, celebrará unha nova edición desta tradicional romaría de exaltación da cultura muiñeira na que non faltaran os burros, as papas de millo, os xogos tradicionais, a música ao vivo e diferentes actividades entorno aos muíños do río Tripes.

O lugar central da celebración será, como de cotío, o lugar da Ponte. Aquí vos deixamos un enlace de localización (a este lugar non se poderá acceder con vehículos particulares)

Revista COUSAS DE Nº13

Para os que decidan vir por primeira vez, e tamén para os que lles guste chegar no habitual desfile coa treboada, a organización recomenda estar no punto de encontro na área recreativa de Circos (ver localización) ás 10:30 h. Ata onde si que se poderá acceder con vehículos particulares.

Xa no lugar da Ponte, ás 11:00 h., Suso Vila (Doutor en Historia do Arte) dará o pregón desta edición na que abordará a importancia histórica dos muíños na evolución social e económica da cidade de Tui.

XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños

 

A continuación, Alberto Romero “Romer” (Presidente de Honra da Asociación Muíñeiros do Río Tripes e recentemente galardoado co Premio Cidade de Tui 2022) impartirá unha charla etnográfica sobre a evolución dos muíños dende a prehistoria ate os nosos días.

SOS Tomiño Baixo Miño e Alberto Romero Rodríguez “Romer” Premios Cidade de Tui 2022

Dende a chegada dos asistentes, terán a súa disposición a desgustación gratuíta de papas de millo, realizadas polas nosas cociñeiras no mesmo lugar da romaría.

XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e Muíños

A música ao vivo non pode faltar nunha celebración coma esta. Nos diferentes lugares do entorno estarán tocando as agrupacións de música tradicional de Xuntanza de Randufe, Inquedanzas de Pazos de Reis e Arume de Malvas.

Os burros son uns dos grandes protagonistas desta romaría. Cada vez é máis complicado velos por estes entornos, pero neste día terán a súa presenza polos carreiros e leiras do entorno dos muíños.

Tamén, non poden faltar os xogos populares. A rá, a chave, as cartas e algúns outros que estarán a disposicón de tódolos asistentes.

Durante a xornada haberá 3 muíños en funcionamento: Folón de Arriba, Devesa de Abaixo e Devesa de Arriba. Os asistentes terán a posibilidade de obter fariña moída nestes muíños.

Ás 13:15 h., o concerto dos Folieiros (con Luís Caruncho). Para os que aínda non os coñecen aquí vos deixamos un vídeo do programa n vídeo do programa Alalá da TVG.

Tralo concerto, degustación gastronómica e xantar campestre. Tamén se procederá a sortear agasallos entre as persoas que acudan con vestimenta tradicional.

A partir das 15:30 hSerán de música tradicional cos grupos presentes e todo aquel que se lle queira sumar.

Para rematar a xornada, ás 17:30 h. realizarase o sorteo dos agasallos da venda de rifas:

  • Botellón de 5l de viño “Ramón Bilbao” e un Xamón Curación Natural de 7 kg.
  • Aloxamento de unha noite para 2 persoas en Aloia Nature.
  • Cea para 2 persoas no restaurante “O Novo Cabalo Furado“.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.