Inicio Val Miñor Baiona O goberno municipal de Baiona crea unha 'Comisión de Seguimento da COVID19'...

O goberno municipal de Baiona crea unha ‘Comisión de Seguimento da COVID19’ nos centros escolares

O goberno municipal de Baiona crea unha 'Comisión de Seguimento da COVID19' nos centros escolaresEn rolda de prensa celebrada onte, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; a concelleira de Deportes e Cultura, Miriam Costas; a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira e o concelleiro de Ensino, Óscar Carreño Miniño, que forman parte da Comisión, acompañados dos tamén membros do goberno, Iago Pereira e Luis Carlos de la Peña, explicaron as medidas que o Concello poñerá en marcha para cumprir as recomendacións sanitarias da Xunta de Galicia no que fai referencia á seguridade dos nenos e nenas que nestas datas comezan o novo curso.

O primeiro en intervir foi o concelleiro de Educación, Óscar Carreño Miniño, que sinalou que “é imprescindible” recuperar a normalidade na actividade escolar “coas necesarias precaucións na hixiene, limpeza e distanciamento físico”. Carreño apuntaba a importancia da Comisión de Seguimento da COVID19 nos centros escolares como unha ferramenta que permita implantar e dar seguimento ao mencionado protocolo nos centros escolares e nos edificios propiedade municipal nos que se desenvolvan actividades.

“O obxetivo é implantar e dar seguimento ao mencionado protocolo nos colexios, edificios propiedade do Concello así como daquelas actividades a desenvolver polo mesmo”

O responsable de Educación, tamén destacou que o Concello xa cursou as necesarias intrucións de cara a recoller ás necesidades de cada centro escolar en canto a limpeza e hixiene de cara a “cuantificalas para coñecer o seu custe e cumprir do xeito máis rigoroso posible o protocolo da Xunta de Galicia”. Do mesmo xeito Óscar Carreño subliñou o “contacto permanente” que o Concello mantén con ANPAS, equipos directivos dos colexios e Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación “para poder resolver os problemas que se están presentando ou que se poidan presentar”.

No que se refire aos centros educativos de responsabilidade municipal, o Concello xa está a recompilar as necesidades de cada un en canto a limpeza e hixiene para coñecer o seu custo e cumprir de maneira rigorosa o protocolo da Xunta de Galicia.

Do mesmo xeito, o concelleiro de Educación agradeceu “á colaboración” das ANPAS e a “implicación das direccións dos centros educativos e a boa disposición e diálogo coa Consellería de Educación”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, na súa intervención, reafirmou “o compromiso do Concello de Baiona coa comunidade escolar” e, a preguntas dos xornalistas sobre se a Xunta de Galicia facía recaer toda a responsabilidade sobre as directivas dos colexios, ANPAS e os propios concellos, amosouse rotundo ao afirmar que “este non é o momento de guerras políticas. É o momento de colaborar e traballar todos cun único obxectivo, a seguridade dos nosos nenos e nenas”. O rexedor subliñou que “esta Comisión o que busca é fiscalizar que este protocola se leva adiante”

Aproveitou a ocasión o rexedor local para agradecer “o comportamento exemplar da veciñanza de Baiona dende o inicio do confinamento ata o día de hoxe”, un comportamento, “que fixo que durante este tempo Baiona contase tan só con 6 casos activos por coronavirus dos 21 que se deron na comarca do Val Miñor”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies