Inicio Vigo e área Redondela O Goberno de Redondela solicitará a desafectación das «vivendas dos mestres»

O Goberno de Redondela solicitará a desafectación das «vivendas dos mestres»

O Goberno de Redondela solicitará a desafectación das «vivendas dos mestres»O Pleno do Concello de Redondela aprobou este pasado xoves, retirar do Inventario Municipal os edificios coñecidos como «antigas vivendas dos mestres» para poder continuar co proceso de desafectación dos inmobles e destinalos a uso social e cultural.

Os edificios estaban recollidos no Inventario de Bens Municipais (IBM) e inscritos no Rexistro da Propiedade coa titularidade do Concello de Redondela pero, segundo sinala o Goberno local redondelán “dita titularidade non debería ser do Concello senón do Estado, nomeadamente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Costas), ao tratarse de bens de dominio público marítimo terrestre”.

O Concello de Redondela xa tiña solicitado ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra  a desafectación do antedito dominio público marítimo-terrestre das parcelas sitas na Avenida Mendiño, 24-26, para a súa cesión ao Concello e que este puidera destinalos a equipamentos públicos, toda vez que xa se atopaban desafectados pola Consellería de Educación.

Con data 18 de abril de 2018 e a petición do Concello de Redondela, a Xerencia Territorial do Catastro acordaba a alteración da descrición catastral das parcelas, procedendo á súa correcta situación na cartografía catastral.

Digna Rivas aclarou que tanto o Servizo Provincial de Costas coma Patrimonio do Estado en Pontevedra, “amosaron a súa intención de, unha vez arranxado o trámite de titularidade do edificio no Rexistro da Propiedade, procederían á cesión das parcelas nas que se atopan os inmobles, a favor do Concello”.

O edificio situado na avenida Ernestina Otero leva anos en un estado de abandono, era unha das reivindicacións da veciñanza e de distintos partidos políticos que avogaban pola súa rehabilitación para uso público. Tras varios intentos por conseguir resolver a situación, a cesión será unha realidade e o edificio pasará a ser de titularidade municipal.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou “o especial interese deste Goberno en resolver a situación de estancamento deste tema que ten, unha extraordinaria importancia para Redondela e a súa veciñanza”.

A rexedora local adiantou que “unha vez que o expediente estea resolto, comezarase co proxecto de rehabilitación para converter este inmoble, totalmente infrautilizado, nun espazo cultural e social vivo e dinámico onde, veciñanza, asociacións e colectivos, poidan gozar de espazos compartidos”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies