spot_img
InicioO MorrazoBueuO FICBUEU únese á celebración do Día das Persoas con Discapacidade nun...

O FICBUEU únese á celebración do Día das Persoas con Discapacidade nun centro de Bergondo

o-ficbueu-unese-a-celebracion-do-dia-das-persoas-con-discapacidade-nun-centro-de-bergondo

Proxectáronse tres curtas que logo se debateron con usuarias e usuarios do Centro de Promoción da Autonomía Persoal

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) estivo presente nos actos conmemorativos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade desenvolvidos no Centro de Promoción da Autonomía Personal (CPAP) de Bergondo (A Coruña). O director do FICBUEU, Manuel Pena, presentou cinco das curtas máis aclamadas pola audiencia nas nove edicións do certame e dinamizou o debate coas persoas con discapacidade física usuarias deste centro do Imserso, as súas familias e os traballadores.

Na xornada, á que asistiron unhas cen persoas, proxectáronse tres cintas galardoadas co Premio do Público. No entanto, as celebracións do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora mañá sábado, tamén incluíron a lectura dun manifesto elaborado por alumnado dos obradoiros de traballo social do CPAP e a presentación de experiencias por parte das ususarias e usuarios, entre outras actividades.

A participación do FICBUEU neste evento encádrase nos obxectivos da Área Social do festival, que busca facer accesible a cultura, e nomeadamente o cinema en formato curto, a todas as persoas. Neste senso, procúrase fomentar tamén a participación social das persoas con diversidade funcional, contribuíndo deste xeito ao seu desenvolvemento integral e á construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.