spot_img
InicioVal MiñorNigránO Festival Vive Nigrán recolle case 200 quilos de lixo en praia...

O Festival Vive Nigrán recolle case 200 quilos de lixo en praia América na súa primeira xornada da campaña ‘Vive Sostible’

O Festival Vive Nigrán recolle case 200 quilos de lixo en praia América na súa primeira xornada da campaña 'Vive Sostible'A primeira xornada de recollida de residuos desenvolveuse este domingo 8 de maio en colaboración co Concello de Nigrán VIVE SOSTIBLE celebrou esta fin de semana a súa primeira xornada de recollida de residuos desta edición en Praia América, onde participaron máis de 30 voluntarios, que lograron retirar preto de 200 quilos de lixo da praia.

Revista COUSAS DE Nº13

A xornada de limpeza organizouse en colaboración co Concello de Nigrán dentro das actividades paralelas do festival Vive Nigrán. Tras máis de dúas horas de traballo, os case 40 voluntarios de todas as idades retiraron este domingo da praia preto de 200 quilos de lixo e residuos, entre os que destaca a presenza de numerosos microplásticos ademais de envases.

Con esta xornada arrincan as actividades programadas para este ano de VIVE NIGRÁN dentro da iniciativa VIVE SOSTIBLE. Desde o seu inicio, a organización do festival tivo presente a necesidade de actuar con respecto #ante a riqueza ambiental da contorna na que se desenvolve o evento. Medidas como as xornadas de limpeza de praias, proporcionar vasos biodegradables, a instalación dun xerador fotovoltaico, garantir a seguridade na zona dunar e actividades para os máis pequenos con talleres de reciclaxe así o testemuñan en edicións anteriores. Durante este ano está previsto que se celebren máis xornadas de recollida de residuos en praias do municipio.

Seguindo os obxectivos incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, o Concello de Nigrán e a organización quixeron incrementar o seu compromiso programando actividades que poidan servir para concienciar á sociedade, por unha banda sobre a necesidade de reciclar, a importancia da conservación do mar e as súas especies e por outra banda para converter as nosas praias en espazos libres de plásticos. O festival #sumaŕ ao Pacto Cultura Sustentable para reforzar o seu compromiso por ofrecer un evento má s respectuoso co medio ambiente.

O festival Vive Nigrán celebrará a sexta edición o 15 e 16 de xullo, con Rigoberta Bandini, Iván Ferreiro, A Ben Querida, Nena Polaca, Cariño, Grande Amore, Colectivo Dá Silva, Karavana, Eme DJ, e Cool Meniñas no cartel. Á programación desta edición súmase unha xornada extra, Vive Nigrán [+] co concerto de MIGUEL RÍOS & THE BLACK BETTY TRIO o domingo 17 de xullo. Un festival con programación para todas as idades, que volve a Monte Lourido, nesta edición co público de pé, e nunha contorna privilexiada xunto a Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán.

- Publicidade -spot_img