spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Festival Primavera do Cine de Vigo presenta o seu cartel oficial...

O Festival Primavera do Cine de Vigo presenta o seu cartel oficial para a quinta edición

o-festival-primavera-do-cine-presenta-o-seu-cartel-oficial-para-a-quinta-edicion

O Festival Primavera do Cine en Vigo ven de presentar o cartel oficial da súa quinta edición.

O director do festival, Juan de Castro, reuniuse en Formacoworking (Gran Vía, 94) cos deseñadores do cartel, Juan Blanco e Raúl Bermúdez, para desvelar ante os medios o que será a imaxe principal deste evento de cine internacional.

o-festival-primavera-do-cine-presenta-o-seu-cartel-oficial-para-a-quinta-edicionOs deseñadores, Juan Blanco e Raúl Bermúdez, destacan os motivos autóctonos e as cores vistosas e explosivas do deseño

Os dous deseñadores de Chachachá Studio explicaron grosso modo a súa inspiración detrás do póster. “O cartel representa unha explosión de imaxe e cor moi cinematográfica baseada na primavera coma símbolo de cambio e ilusión.

O día 17 de marzo péchase o proceso de recepción de filmes

Tratamos de combinar unha estética actual, atractiva e fresca cun toque autóctono mediante a inclusión de especies florais típicas da zona, coma o fento e o toxo”. De Castro engadiu que o novo cartel supón “un novo estilo” en líñea cos anos anteriores e confía en que poida captar a atención dos vigueses e viguesas. A continuación,

O director do festival, Juan de Castro, lamenta un ano máis a falta de orzamento por parte do Concello de Vigo: “Non fan todo o que poderían facer”

De Castro proxectou ante os asistentes o esperado vídeo promocional que recolle instantes das
pasadas edicións e resume as cifras de éxito do festival.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.