spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Festival 'Primavera de Cine' presenta a súa edición mais ambiciosa e...

O Festival ‘Primavera de Cine’ presenta a súa edición mais ambiciosa e completa

o-festival-primavera-de-cine-presenta-a-sua-edicion-mais-ambiciosa-e-completa

O festival dobra sedes, incrementa notablemente a sección oficial, tanto galega coma lusófona, e conságrase como o de maior importancia en toda Galicia

A organización do Festival Primavera do Cine en Vigo ven de presentar oficialmente a súa quinta edición, que terá lugar dende o 19 ata o 29 de maio. O director de Primavera do Cine, Juan de Castro, e o seu axudante de dirección, Alfonso Castaño, reuníronse hoxe pola mañá co concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, para repasar ante os medios de comunicación o programa e as principais novidades deste ano.

O concelleiro comezou a súa intervención sentenciando que Primavera do Cine alcanza a súa maioría de idade coa nova edición. “Lo mejor está por venir, pero el festival ya es una realidad sólida y estabilizada”. A continuación, quixo dalas grazas aos artífices do festival polo risco que asumen ano tras ano, e recalcou a colaboración do Concello con este evento que intenta “fortalecer o compromiso co audiovisual galego sen esquecer o contacto máis internacional, neste caso, co mundo lusófono”. Segundo o concelleiro, Primavera do Cine “xera conocimiento, historia e cultura” e xoga un papel fundamental na oferta cultural da cidade de Vigo.

comillasAs actividades paralelas incluirán cine miúdo para nenos, dúas retrospectivas, dous coloquios con profesionais e unha clase maxistral sobre dirección de actores

Juan de Castro non dubidou en cualificar a nova edición coma a máis ambiciosa dende o comezo do festival. “Podemos afirmar que a nivel de volume, días e sedes, convertémonos no festival de cinema galego máis importante do noso territorio. Un evento así é o que merece a cidade máis grande de Galiza cunha traxectoria cinematográfica tan importante”, declarou.

comillasJuan de Castro quere que Primavera do Cine “emocione e remova conciencias”

De Castro fixo especial fincapé nas dúas columnas básicas de Primavera do Cine: galeguidade, como medio de garantir a difusión dos traballos autóctonos, e lusofonía, como vía para chegar a millóns de falantes e atraer artistas de enorme calidade e variedade. “Este ano dobramos o que ofertamos no 2015: pasamos de dúas sedes a catro; de 20 e pico curtametraxes, a 55; e de nove longametraxes, a 23”, explicou o director. “Este ano é o punto de inflexión. Comezamos a percibir que o público vigúes ten ao festival coma un referente de cinema na cidade”. Ademais, De Castro subliñou o poder da soberanía popular dentro do certame, pois tanto os galardóns coma a continuidade do mesmo dependen directamente dos espectadores.

Pola súa parte, o axudante de dirección, Alfonso Castaño, realizou unha breve exposición sobre as actividades paralelas que van a acompañar as proxeccións da sección oficial. “Este ano rescatamos as charlas coloquio. Imos celebrar dúas. A primeira no Instituto Camões sobre o audiovisual galego e as vías de comunicación co audiovisual lusófono, concretamente con Portugal. A este coloquio van asistir dous profesionais da universidade, Marta Pérez e Manolo González Álvarez, que debaterán con Artur Barros, o director do festival portugués Bragacine. A segunda charla vaise celebrar na Casa Galega da Cultura e versará sobre a interacción do audiovisual galego co seu
público. Contaremos con Antón Reixa, o crítico Moncho Lemos e cun dos pais do audiovisual galego moderno, Xosé Cabanas Cao”. Os dous debates serán totalmente gratuítos e abertos.

Seguidamente, Castaño anunciou que a quinta edición repetirá a actividade “estrela” do ano pasado, é dicir, as proxeccións de cine miúdo para nenos ambientadas con música en directo polo trío Casperverk. Aproximadamente 600 nenos xa confirmaron asistencia. Organizarase tamén unha nova clase maxistral, neste caso impartida polo cineasta Mario Iglesias, especialista en dirección de actores. As prazas para esta masterclass xa están cubertas debido ao éxito da convocatoria. Amais, haberá tempo para dúas retrospectivas: unha sobre o cineasta tudense Alberto Estévez Piña, que incluirá dous documentais practicamente inéditos (A Romería Da Morte e Despois Do
Silencio); e outra sobre o filme neorrealista El Andamio, recentemente restaurado. Ámbalas dúas retrospectivas contarán coa presenza do historiador Julio Pérez Perucha, “un dos historiadores que máis sabe de cine en toda Europa”, segundo Castaño.

Durante a rolda de preguntas, Juan de Castro anunciou que, en total, “o festival recibiu preto de 200 pezas, cun incremento notable das obras lusófonas” e que a súa intención é seguir expandindo o certame “máis alá do núcleo urbano de Vigo”. “Queremos que o Festival faga honor ao seu nome de Primavera, que significa revolución. Queremos que remova conciencias e emocione”, expuxo o director.

Preguntado polo posible competencia co Festival de Cans, De Castro lamentou que ambos eventos se solapen, pero que non o ve coma “competencia directa”, xa que Primavera do Cine é un festival “moito máis clásico e formal, con outro tipo de espazos”. Aínda así, De Castro encomiou a labor de difusión cultural que realiza Cans.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.