O IX Festival NAS ONDAS finaliza co concerto dos premiados do X Concurso de Música de Cámara do CSMVigo o martes 4 de xuño ás 20 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei).
Os premiados nesta edición son: 1º Premio: Raúl Martínez Temperán e Manuel Muñiz Pintos. 2º Premio: Viktoriia Vostrykova, Ruslana Myzenko e Lejla Sulejmanović. 3º Premio: Cristina Redondo Contreras, Estefanía Abeledo Losada e Shideh Massai. 1ª Mención de honra: Álvaro Pérez Bastos, Óscar Paniagua González e Sara Balboa Pérez.
O luns anterior ás 19 horas celebrarase no Auditorio Martín Códax a Final do X Concurso de Solistas do CSM de Vigo.
Para finalizar a semana, o xoves 6 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax, Elena Cecconi, profesora de frauta do Conservatorio “G. Nicolini” de Piacenza, compartirá escenario con Agustín Candisano (piano) e Fernando Raña (frauta travesera).





