O ‘Faro Vello’ de Cabo Silleiro volveu a alumar o pasado luns coincidindo coa inauguración da Taberna con Sabor Atlántico, espazo gastronómico que se sitúa nas que foron as instalacións do faro primitivo, agora rehabilitadas, xusto cando se cumpren cen anos desde que se apagou a súa luz pola construción doutro que está situado preto e algo máis alto.
Ao acto acudiron entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Pontevedra e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.
Rueda, destacou a aposta do Goberno galego por recuperar elementos patrimoniais singulares que forman parte do Camiño de Santiago, como o faro pequeno de Cabo Silleiro, que está aos pés do Camiño Portugués pola Costa.
Para Rueda, a rehabilitación deste espazo é un exemplo da aposta de Galicia pola excelencia turística e pola defensa da súa paisaxe, historia, valores e gastronomía.
O Presidente da Xunta tamén subliñou a importancia deste tipo de iniciativas para ofrecer un turismo responsable e tamén cada vez máis desestacionalizado e diversificado.




