O Complexo Deportivo David Cal de Verducido, celebrouse durante o día de onte o Campionato Galego Sprint 2020 para veteranos. A competición realizouse tanto en formato individual como por equipos sobre as distancias de 200, 500 e 1.000 metros, unha proba que reuniu a máis de 300 deportistas.
Tras unha intensa xornada, o Club de Mar Ría de Aldán facíase co título de campión na categoría feminina por diante dos equipos do Piragüismo Olívico e Fluvial Avión- Castrelo de Miño.
En homes o conxunto do Fluvial de Lugo levou a vitoria, o segundo e terceiro posto sería para o Club de Mar Ría de Aldán e o Club Kaiak Tudense.



