spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Entroido volve este ano ao Porriño

O Entroido volve este ano ao Porriño

O Entroido volve este ano ao PorriñoO Concello prepara xa as bases para o desfile de comparsas que se celebrará nas datas previstas se o protocolo sanitario o permite

O Concello do Porriño traballa xa na elaboración das bases do Entroido 2022. A expensas da evolución da pandemia e tamén do protocolo específico comprometido pola Xunta de Galicia que permita determinar a data do desfile, o goberno municipal aclarou hoxe que o Entroido volverá este anos ás rúas do Porriño e xa se está organizando.

“Temos claro que esta é unha das festas máis agardadas por moitos porriñeses e porriñesas e por iso decidimos seguir adiante e facelo con todas as garantías sanitarias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo,  “En principio  o desfile de comparsas e o Enterro da Sardiña celebrarase nas datas establecidas, sempre que os protocolos sanitarios e a situación epidemiolóxica nos permita facelo con seguridade. De non ser así, o aprazaremos para cando sexa posible, pero o Entroido anegará as nosas rúas este ano”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez,  animou ás comparsas a “ir preparando os seus disfraces e carrozas para devolver a cor, humor e troula destas festas á nosa vila”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.