spot_img
InicioBaixo MiñoO entorno do rio Tripes acollerá un ano máis a tradicional romaría...

O entorno do rio Tripes acollerá un ano máis a tradicional romaría “Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños”

XIX edición da romaría Os Nosos Fariñeiros, Burros e MuíñosO vindeiro mércores 1 de maio terá lugar a XXI Romaría “Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños”

Revista Cousas de nº21

Un ano máis chega a cita coa tradición da cultura muiñeira no entorno do Río Tripes, en Tui. A Asociación de Muiñeiros do Río Tripes convídanos a desfrutar e aprender nunha xornada chea de actividades.

Dende primeira hora, estará a Treboada Baixo Miño anunciando a festa nos barrios próximos de Randufe e Pazos de Reis. As 10:30 sairá o tradicional desfile cara o lugar da Ponte, onde os representantes do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo darán o pregón de inicio. A partires dese momento, comenzarán a moer os muíños, haberá degustación gratuíta de papas de millo, obradoiros para os cativos, xogos populares, postos de artesanía e unha exposición dos muíños de man de Alberto Romero, quen explicará aos asistentes a evolución deste enxeños.

A música ao vivo non pode faltar, disto encargaranse os grupos de gaitas de Xuntanza e Inquedanzas, as Pandereteiras Darraia e actuación das Arrancaxestas.

A Asociación terá a disposición dos asistentes unha ampla oferta de gastronomía tradicional a prezos populares.

Máis info: https://muineirosdotripes.blogspot.com/p/xxi-romaria-os-nosos-farineiros-burros.html

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.