Inicio Pontevedra O ecosistema dunar de Praia América (Nigrán) en condicións de que sexa...

O ecosistema dunar de Praia América (Nigrán) en condicións de que sexa declarado Espazo Natural de Interese Local

ecosistema-dunar-de-praia-america-nigran-en-condiciones-de-que-sexa-declarado-espazo-natural-de-interese-local

Nigrán amplia o espazo dunar de Praia América seguindo as recomendacións para a súa declaración como ‘Espazo Natura de Interese Local’

O Concello de Nigrán ampliou en 120 metros o ecosistema dunar de Praia América mediante a retirada por parte de operarios municipais dun acceso de madeira actualmente inoperativo pola transformación do río Miñor na contorna.

O consistorio sigue así as recomendacións técnicas para que o espazo dunar sexa finalmente declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), xa que o Plan de Conservación sinala que as estructuras artificiais só poden contribuir a acrecentar o deterioro do sistema dunar. Este fragmento de paseo eliminado, ao lado da desembocadura do río, finalizaba nun talud despois de que o curso do río mudase levando con el gran cantidade de area.

“Queremos consolidar o espazo como ENIL, o que implica protexer ao máximo este enclave de gran interese ecolóxico non so para Nigrán, se non para toda a comarca”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

Estes 35.000 metros cadrados de terreo foron declarados como ENIL en xullo de 2014, pero de forma provisional e por un prazo máximo de dous anos. O Concello ultima agora o Plan de Conservación, documento imprescindible para obter o recoñecemento de xeito definitivo.

O ecosistema dunar sufriu durante décadas o efecto do desenvolvemento urbano e turístico, que afectou e modificou as condicións de equilibrio da zona. Alterouse a dinámica sedimentaria costeira debido á construción de infraestruturas como o espigón do porto e o paseo de Panxón ou á extracción de area para a construción.

Co fin de paliar esta situación, o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón contempla a restauración, protección e conservación dos seus dous hábitats, os dunares e os estuarios, así como das poboacións de flora e fauna, como o chorlitexo patinegro; aumentar a súa superficie ata o seu máximo potencial; favorecer a súa madurez, complexidade estrutural e biodiversidade; e diminuír a frecuencia humana e a accesibilidade ao sistema.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies