Inicio Vigo e área Soutomaior O dúo Oradaladou encherá Vilaboa de música este venres para homenaxear a...

O dúo Oradaladou encherá Vilaboa de música este venres para homenaxear a Antón Fraguas

O dúo Oradaladou encherá Vilaboa de música este venres para homenaxear a Antón FraguasO concerto será ás 20.30 horas na Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres e componse de 13 pezas baseadas en cantigas recollidas polo autor de Cotobade

A Deputación de Pontevedra organiza este venres 8 de novembro, ás 20.30 horas, un concerto do dueto Oradaladou, conformado por Sonsoles Penadique (acordeón diatónico e voz) e Carlos Quintá (violín e voz). Este acto musical terá lugar na Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa, e ten como finalidade fundamental homenaxear ó etnógrafo natural de Cotobade, Antón Fraguas, ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

Durante a actuación de Oradaladou serán interpretadas as 13 pezas que compoñen o seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das cantigas recollidas por Antón Fraguas. Á súa vez, estes temas levan o título das 13 parroquias que compuñan o antigo concello de Cotobade. O concerto, que posúe un alto compoñente didáctico, está incluído dentro dun programa de actuacións encargadas de espallar e dar a coñecer a figura de Antón Fraguas a través da música.

Este concerto viaxará tamén ós concellos de Moraña e Soutomaior. O venres 15 de novembro será a quenda da Casa da Cultura de Moraña, que acollerá o espectáculo ás 19.30 horas. Así, o domingo 17 o evento terá lugar no Auditorio Multiusos de Arcade, en Soutomaior

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies