spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Dorsia Covirán coróase en Baiona como mellor equipo nacional feminino

O Dorsia Covirán coróase en Baiona como mellor equipo nacional feminino

 O Dorsia Covirán coróase en Baiona como mellor equipo nacional femininoO barco da Marina Burriananova (Castelló) armado por Nuria Sánchez e patroneado pola olímpica Natalia Vía-Dufresne gañou por segundo ano consecutivo a liga Nacional Feminina da Real Federación Española de Vela

Revista COUSAS DE Nº15

O Dorsia Covirán Sailing Team coroouse o pasado domingo en Baiona como mellor equipo nacional feminino. O barco da Marina Burriananova (Castelló), armado por Nuria Sánchez e patroneado pola olímpica Natalia Vía-Dufresne, gañou por segundo ano consecutivo a liga Nacional Feminina de Vela, que viviu a súa última etapa esta fin de semana no Monte Real Club de Yates no marco do Trofeo Grupo Isonor.

 O Dorsia Covirán coróase en Baiona como mellor equipo nacional feminino

A tripulación alzouse coa vitoria tras asinar podios nas catro fases dunha competición que finalizou con dous primeiros postos en Valencia e Galicia; e dous segundos postos no País Vasco e Baleares. Un triunfo logrado cunha marxe de puntos moi cómodo con respecto ás súas rivais máis directas e froito dunha moi boa tempada regatera.

Tras saberse vitoriosa, a armadora do Dorsia Covirán Sailing Team, Nuria Sánchez, mostrouse moi satisfeita por poder revalidar o título da anterior edición. “O esforzo que fixemos ao longo de todo este tempo co proxecto de «Queremos facer historia» viuse recompensado con moitos éxitos como este, unhas vitorias que nos animan a seguir traballando. A evolución e o compromiso das mozas foi moi bo e xa nos marcamos novos obxectivos para 2023″.

Da tripulación do equipo, ademais da propia armadora, forman parte a olímpica Natalia Via-Dufresne, María Torcida, Mar Gil, Carlota Hernández e Martina Ruigómez. Con apenas once anos, esta última, filla do destacado regatista Carlos ‘Puro’ Ruigómez, é o máis claro exemplo da aposta do Dorsia Covirán Sailing Team pola novas promesa da vela en España.

“No equipo buscamos sempre incluír novas tripulantes, de todas as idades. Actualmente está formado por unha metade de xuvenís e outra midad de seniors e esa mestura de idades e experiencias non fai máis que enriquecelo e fortalecelo”, di Nuria Sánchez, quen non só defende a vela exclusivamente feminina, senón tamén os equipos mixtos, aos que considera unha moi boa oportunidade para darlle á muller o impulso que necesita na vela española.

“A pesar de todos os avances que se foron dando desde diferentes ámbitos, aínda queda moito traballo por facer para que o número de licenzas federativas de mulleres siga crecendo. E isto é algo que non podemos facer soas. Necesitamos axuda dos homes, necesitamos que nos apoien e, sobre todo, que confíen en nós”, asegura a armadora do Dorsia Covirán, quen ten claro que “navegar en equipos mixtos en competicións de monotipos como os J80, nos que a forza non é tan importante, permitiranos ás mulleres seguir crecendo man a man cos homes, e finalmente desenvolver máis equipos exclusivamente femininos”.

A Final da liga Feminina de Vela que se disputou estes días en Baiona estivo organizada polo Monte Real Club de Yates por delegación da Real Federación Española de Vela. As probas formaron parte do Circuito Iberdrola de Vela Feminina. A pesar de que no programa estaba prevista a celebración dun total de seis probas, tres por día, a meteoroloxía adversa que deixou nas Rías Baixas a borrasca Beatrice, con moita choiva e vento de gran intensidade, unicamente permitiu a disputa de dúas mangas na xornada do sábado.

 O Dorsia Covirán coróase en Baiona como mellor equipo nacional feminino

Ambas as probas disputadas gañounas o Dorsia Covirán, que se fixo co ouro do Trofeo Isonor. A prata e o bronce desta última fase foron para o equipo do Real Club de Regatas de Alacante, liderado por Berta Campos; e o galego Pazo de Cea, de Rosario García, con grímpola do Monte Real Club de Yates. Na entrega de premios, que puxo o punto e final á competición, participaron, entre outras autoridades, a conselleira de Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; a directora comercial de Grupo Isonor, María Fraguas; e a responsable de eventos deportivos do Monte Real Club de Yates, Marga Cameselle.

A responsable do club organizador agradeceu á Real Federación Española de Vela o elixir ao Monte Real para a celebración da última fase do circuíto feminino e destacou a aliñación desta iniciativa co programa de «Vela en Feminino» do club. “Fai máis dun cuarto de século -dixo- puxemos en marcha a Ladies Cup, unha competición 100 %, e desde entón non deixamos de apostar pola muller. Impulsamos equipos exclusivamente femininos e axudámolos para que poidan participar en competicións estatais; creamos premios específicos para mulleres nos nosos trofeos; sacamos a navegar a mulleres vítimas de violencia machista… estas son algunhas das cousas que fixemos e seguimos facendo, e aínda nos quedan moitas máis por poñer en marcha”.

- Publicidade -spot_img