spot_img
InicioGaliciaO Día da Ilustración dedicado por primeira vez a unha muller: Lolita...

O Día da Ilustración dedicado por primeira vez a unha muller: Lolita Díaz Baliño

Dúas ilustracións de Lolita Díaz Baliño para a revista Galicia Gráfica: a da esquerda para o número do 18 de febreiro de 1929, e a da dereita para o do 23 de agosto de 1926
Dúas ilustracións de Lolita Díaz Baliño para a revista Galicia Gráfica: a da esquerda para
o número do 18 de febreiro de 1929, e a da dereita para o do 23 de agosto de 1926

 

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, efeméride coa que se pretende potenciar esta arte e situala no lugar que lle corresponde. Trátase dunha data que se fai coincidir co aniversario do nacemento de Castelao, que tivo entre as súas múltiples facianas de éxito a de gran debuxante.

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista este ano é Lolita Díaz Baliño.

Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963)

Foi unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época. Criouse nunha familia de artistas, e destacou desde moi nova na fotografía e na pintura.

Nestes primeiros anos traballa moito como ilustradora en diversas publicacións gráficas, como MariñanaGalicia Gráfica ou Céltiga, amosando un estilo art déco sobrio e elegante, acorde coa moda propia do momento. Representa mulleres modernas, decididas e elegantes, figuras estilizadas as que dota de sutís movementos.

A artista coruñesa foi pioneira no ingreso feminino na Academia das belas Artes de Galicia

Nos seus comezos, o pensamento rexionalista é un dos eixos da súa obra, pero co paso do tempo ese influxo vaise suavizando e evoluciona cara a outras estéticas. Destaca como debuxante e acuarelista, técnica esta na que o seu estilo adquire un detallismo colorista que retrata mundos irreais.

O seu traballo, recoñecido en 1929 cunha bolsa da Deputación da Coruña, exhíbese en numerosas mostras, de entre as que destaca a Exposición de Artistas Femininas que inaugura a histórica Asociación de Artistas na Coruña en 1934.

Ademais de como creadora, Lolita Díaz destaca polo seu traballo como profesora, labor que leva a cabo tanto na Escola de Artes e Oficios coruñesa como na súa academia particular

O 13 febreiro 1938, ingresa como académica na Real Academia Galega de Belas Artes; xunto a Carme Corredoyra, é a primeira muller en facelo.

O día 13 de febreiro de 1938 foron elexidas dúas mulleres por primeira vez para ocupar dúas vacantes de membros numerarios na Sección de Pintura da Academia. Foron María del Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro e María de los Dolores Díaz Baliño.

Lolita Díaz permaneceu incomprensiblemente esquecida durante moito tempo, a pesar de ser unha figura adiantada, que abriu camiño para moitas artistas que viñeron despois. Finalmente comeza a recibir o recoñecemento que merece.

Exposición «Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista»

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición «Lolita Díaz Baliño. A discreción imposta dunha grande artista». A mostra recolle documentos, libros, imaxes e obras de Fernández Mazas que forman parte da colección da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Sala de Exposicións da Biblioteca de Galicia (Monte Gaiás)
Do 30 de xaneiro ao 13 de maio de 2021
De 9:00 a 21:00, entrada libre e gratuíta
Inauguración: 30 de xaneiro ás 11:00

Contidos: diadailustracion.gal
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.