spot_img
InicioO MorrazoBueuO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visita as escolas infantís Tranvía...

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visita as escolas infantís Tranvía I e II de Bueu, xestionadas pola Asociación Educativa Tranvía

delegado-territorial-Xunta-Pontevedra-José-Manuel-Cores-Tourís, visitou--escolas-infantís-Tranvía-Bueu-xestionadas-Asociación-Educativa-TranvíaNa provincia de Pontevedra existen 26 escolas infantil xestionadas a través de entidades de iniciativa social situadas en 15 concellos e que dan servizo a 1.700 nenos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, coñeceu esta mañá as escolas infantís Tranvía I e II de Bueu, xestionadas pola Asociación Educativa Tranvía.

Nesta visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcaldeda localidade, Félix Juncal, así como polo xefe do Servizo de Familia e Menores da Delegación da Xunta, José Ángel Gómez Somoza, o portavoz do PP na localidade, Manuel Santos, e pola directora das escolas infantís, Rebeca Figueroa Piñeiro.

Os centros Tranvía I e II de Bueu, como o resto de escolas infantís xestionadas por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, recibiu, dende a Consellería de Traballo e Benestar, un total de case 142.000 euros para o seu mantemento. “En total, máis de 881.000 euros dende 2009, repartido entre estas dúas garderías, co obxectivo de sufragar custos de persoal, de alimentación, así como outros gastos xerais de mantemento”, explicou Cores Tourís.

A Escola Infantil que visitou esta mañá Cores Tourís, situada na rúa Pazos Fontenla, conta con 4 unidades e un total de 53 prazas mentres a segunda gardería ten 54 prazas e tamén 4 unidades.

O delegado territorial recordou que durante o pasado ano, a Consellería de Traballo e Benestar investiu na provincia de Pontevedra preto de 2 millóns de euros para manter preto de 1.700 prazas en escolas infantís xestionadas por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. En toda Galicia contase cun orzamento de máis de 3 millóns de euros para manter unhas 2.700 prazas. “Precisamente hoxe mesmo sae a nova liña de axudas destinada a este tipo de escolas infantís, cun orzamento igual ao do ano pasado. Os interesados contarán co prazo dun mes para presentar as súas solicitudes”, matizou.

As entidades deben cumprir, entre outros, criterios como adaptar as tarifas ás contías máximas dos prezos dos centros de titularidade pública; ou prestar servizos cinco días á semana durante todo o ano, agás festivos sinalados ou salvo causa xustificada.

Esta liña de axuda vén a complementar a oferta da rede pública dependente do Goberno galego, xa que presta o seu servizo nas mesmas condicións que estes centros no marco do interese do departamento autonómico por favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Isto é, ademais, un dos obxectivos fixados no Plan de dinamización demográfica, aprobado no Parlamento galego.

Na provincia de Pontevedra cóntase con 26 escolas xestionadas por entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, situadas en 16 concellos e que contan cun total de 11 unidades, dando así servizo a 1.700 nenos.

En total, o número de prazas 0-3 sostidas con fondos públicos este curso sitúase arredor das 19.000, xa que a estas prazas da Xunta súmanse as de escolas municipais, de entidades de iniciativa social e arredor de 1.000 prazas de cheque infantil.

- Publicidade -spot_img