spot_img
InicioO SalnésO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou...

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora do camiño de Rioseco en O Grove

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora do camiño de Rioseco, executadas a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar.

Nesta visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Miguel Pérez, así como pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, Julia Pérez Palacios.

Cores Tourís comprobou as obras de mellora do camiño de Rioseco no Concello do Grove O delegado territorial da Xunta en Pontevedra comprobou así os traballos do Plan Marco que se levaron a cabo cun investimento de 40.000 eurosTrátase de un camiño rural que enlaza o núcleo de Balea co lugar de Rioseco e no que se investiron 40.000 euros.

En concreto, os traballos supuxeron a limpeza xeral de toda a superficie a pavimentar e dos bordes do camiño, realizándose tamén un bacheo e unha regularización en aqueles lugares onde a superficie se atopaba en mal estado. Por outra banda, tamén se executou o recrecido da calzada nunha curva desta pista para evitar a entrada de auga cara a varias vivendas. A capa de rodaxe mellorouse con bituminosa en quente cun espesor de 4 centímetros, estendido e compactado, cun rego de adherencia.

“Previo a execución do pavimento”, segundo matizou Cores Tourís, “acondionouse o terreo existente, perfiládoo e compactando a explanada, aplicando unha base granular de zahorra artificial e hormigonado de 15 centímetros de espesor”.

O delegado territorial destacou que a nivel comarcal, en canto ao Plan Marco de mellora de estradas rurais, destináronse no presente ano 405.648 euros destinados para os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova. Estas obras permitiron a pavimentación e ensanche de vías de titularidade municipal, así como mantemento de camiños e mellora de firmes. “En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros”, engadiu Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita ao Grove para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, Miguel Pérez, agradeceu o esforzo da Consellería de Medio Rural e Mar por mellorar os accesos a explotacións agrarias e viñedos. “Non podemos esquecer que estamos a falar de melloras de estradas que teñen especialmente esa finalidade, acceder a ese tipo de parcelas”, explicou o rexedor, quen deixou claro que o concello do Grove continuará a traballar para seguir mellorando este tipo de viais, pavimentando camiños e ancheando. Neste senso, para o exercicio 2014-15, o concello do Grove contará con 67.421 euros de cara a afrontar novos traballos de mellora de camiños rurais.

Nos últimos anos, a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello do Grove, o investimento en mellora de vías rurais roldou os 200.000 euros, executándose, entre outras obras, melloras de infraestruturas de abastecemento en Estonllo ou en Castiñeiros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.