spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO Culturgal 2024 será o mellor escaparate para que todas as manifestacións...

O Culturgal 2024 será o mellor escaparate para que todas as manifestacións da cultura galega atopen novos públicos

o-culturgal-2024-sera-o-mellor-escaparate-para-que-todas-as-manifestacions-da-cultura-galega-atopen-novos-publicosA edición 2024 do Culturgal, un espazo de encontro entre as diferentes culturas galegas e os seus públicos, celebrarase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e presentouse esta mañá no seu salón de actos.

Revista Cousas de Nº23

“Queremos profundizar na mesma idea que o ano pasado, que o Culturgal sexa o mellor escaparate posible para que todas as manifestacións da cultura galega atopen novos públicos”, asegurou Camilo Franco, director do Culturgal.

Na rolda de prensa participaron ademais Víctor López, presidente do Culturgal; Manuel González, presidente de PuntoGal; Jacobo Sutil, director do Agadic; Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Anabel Gulías, concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.

Todas as correntes da cultura galega, as xa asentadas e as novas, terán cabida no Culturgal, en moitas actividades mesturando xéneros como a literatura, as artes escénicas, a música, o audiovisual, os videoxogos ou a maxia.

Víctor López amosou a súa confianza en que “a deste ano será unha gran edición, tres días para compartir con creadores, artistas e empresas que se adican á cultura”, e Jacobo Sutil falou “do peso que terá o sector audiovisual e do labor que fai o Culturgal para adiantarnos as próximas correntes da cultura galega”.

Outra cita importante será o festival para celebrar o décimo aniversario do dominio PuntoGal. “Tiña que ser aquí, no Culturgal, cun evento participativo e plural no que contaremos con artistas como Lucia Aldao (Pava) e Caamaño & Ameixeiras”, explicou Manuel González, presidente de PuntoGal.

Anabel Gulías salientou que “para o Concello de Pontevedra, a cultura é unha cuestión estratéxica”, mentres que Rafael Domínguez destacou que é “un factor identitario fundamental, que ademais provoca retorno económico para as cidades que acollen este tipo de eventos”.

Programa

O programa completo, que se fará público nos próximos días, trae a Pontevedra 200 actividades, con 100 expositores e 500 artistas.

O Culturgal contará con seis espazos con seis escenarios. Unha das novidades deste ano é a creación dun espazo pechado para as artes escénicas e a ampliación do espazo de arte, que se puxo en marcha no 2023.

Unha proposta cultural e de lecer para todas as idades que permite que as familias poidan pasar o día no Culturgal e participar en numerosas actividades.

No programa, destaca a primeira ‘Ultranoite Cultureta’ do grupo Chévere, feita de forma expresa para o Culturgal, e a celebración dos 30 anos do bravú coa proxección dun documental e un concerto do grupo Xangai, liderado por Xurxo Souto, e o grupo local Rager.

Magín Blanco estreará no Culturgal un espectáculo que será o de despedida da serie ‘A nena e o grilo’, e estarán no Pazo da Cultura Manuel Rivas, recentemente nomeado Premio Nacional das Letras 2024, ou Olga Novo, Premio Nacional de Poesía no ano 2020.

As ventas de entradas e abonos van a moi bo ritmo e xa se poden adquirir en cultur.gal. Tres euros por anticipado a entrada dun día, 5 euros o bono para os tres días, abonos familiares e outros descontos.

TÁBOA DE PREZOS

 

Entrada sinxela

3 euros en cultur.gal | 5 en billeteira

Entrada infantil (de 4 a 15 anos)

2 euros en cultur.gal | 3 en billeteira

Bono 3 días

5 en cultur.gal | 9 en billeitera

Bono familiar 1 día (adulto + menor de 15)

4 euros en cultur.gal | 6 en billeteira

Bono familiar 1 día (4 persoas)

7 euros en cultur.gal | 9 en billeiteira

Bono familiar 3 días (adulto + menor 15 anos)

7 euros en cultur.gal | 9 en billeteira

Bono familiar 3 días (4 persoas)

12 euros en cultur.gal | 15 euros en billeteira

 

CONCERTOS AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA

Venres, 29

Documental XXX anos Bravú + Banda Xangai + banda local

Gratis con entradas ou bonos Culturgal

Sábado, 30

Ultranoite Cultureta. Chévere

22 euros en cultur.gal | 25 en billeteira (con entrada gratuíta a Culturgal)

Domingo, 1

A nena e o grilo nun barquiño (Magín Blanco)

+ de 15 anos 5 euros en cultur.gal | 7 en billeteira (con entrada gratuita a Culturgal)

– de 15 anos. 3 euros en cultur.gal | 5 en billeiteira (con entrada gratuita a Culturgal)

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.