O Club Patinaxe Artística Gondomar proclamouse campión do mundo na modalidade de cuarteto junior nos World Skate Games Italia 2024.
O equipo formado polos patinadores Joel Ribeiro, Xiana Fernández, Lola e Noa Álvarez aterrou onte no aeroporto de Santiago de Compostela, acompañados do seu adestrador David Figueroa, xuntos conseguiron alzar o ouro no máis alto do podio mundial en Rimini.
A dedicación deste equipo gondomareño é de entrega absoluta, con horas de duros adestramentos, que consegue que estes patinadores caracterícense pola súa forza, sincronización, elegancia e velocidade en pista.
E así o mostraron no seu show “Efecto secundario” co que non deixaron indiferente ao xurado mundial así como ao público asistente.
O patinador do grupo Joel Ribeiro, tamén participou no mundial na modalidade de danza, conseguindo unha meritada quinta posición.




