A Asociación Muiñeiros do Río Tripes dálle a benvida ao outono cunha nova edición, esta é a cuarta, da súa ruta nocturna “Lendas ao Solpor nos Muíños do Tripes”.
Como é habitual, os visitantes percorreran, por grupos, parte da senda dos muíños na que atoparán elementos de ambientación e pequenas pezas teatrais relacionadas coa cultura muiñeira.
A actividade terá lugar este próximo sábado 28 de setembro. O punto de encontro seguirá sendo a Área Recreativa de Circos, en Pazos de Reis. Dende as 20:30h., os membros da organización estarán recibindo aos asistentes para o rexistro e acreditación. Os grupos comenzarán a saír a partir das 21:00h.
Esta visita ten unha duración estimada de dúas horas, rematando cun chocolate con rosca e queimada para tódolos asistentes, ademais de algunha sorpresa por parte da organización. A actividade ten un custe de 5 € para os membros da asociación, e 8 € para o público en xeral, sendo preciso facer inscrición no correo: muineirosdotripes@gmail.com. As prazas son limitadas.