spot_img
InicioVigo e áreaPazos de BorbénO CPI C. Enríquez de Pazos de Borbén e o IES As...

O CPI C. Enríquez de Pazos de Borbén e o IES As Bizocas de O Grove entre os trece centros de secundaria que participan este curso no programa “Recíclate con Sogama”

Un total de 13 centros educativos de Educación Secundaria (ESO) de distintos puntos de Galicia participan este ano no O CPI C. Enríquez de Pazos de Borbén e o IES As Bizocas de O Grove entre os trece centros de secundaria que participan este curso no programa “Recíclate con Sogama”programa Recíclate con Sogama 2014-2015, enmarcado á súa vez no Plan Proxecta da Xunta de Galicia; unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten por obxecto o fomento da innovación educativa a través do desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores, promovendo a realización de proxectos interdisciplinares que teñan un alto potencial de transferibilidade.

Os colexios participantes no programa de Sogama son os seguintes:

PROVINCIA
CONCELLO
CENTRO EDUCATIVO
A Coruña
Boiro
IES A Cachada
Camariñas
IES Pedra da Aguia
Lugo
Quiroga
IES de Quiroga
Sarria
CPR Nuestra Señora de la Asunción
Lugo
IES Lucus Augusti
Ourense
Ourense
CPR Plurilingüe Divina Pastora
Pontevedra
Vigo
IES Carlos Casares
CPR Plurilingüe Mercantil
IES República Oriental de Uruguai
Vilagarcía de Arousa
CPR Plurilingüe Sagrada Familia
Pazos de Borbén
CPI Curros Enríquez
Cuntis
CPI Aurelio Marcelino Rei García
O Grove
IES Plurilingüe As Bizocas

O principal obxectivo de Recíclate con Sogama non é outro que instar ao alumnado e ao profesorado a participar activamente no sistema de recollida selectiva para incrementar as porcentaxes de reciclado en Galicia e alcanzar os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

O CPI C. Enríquez de Pazos de Borbén e o IES As Bizocas de O Grove entre os trece centros de secundaria que participan este curso no programa “Recíclate con Sogama”Con tal fin, proporcionarase a cada centro unha illa de reciclaxe, que estará conformada por tres contedores de 120 litros de capacidade (amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os de cartón e papel; e verde convencional, para a fracción resto), propiciando desta forma que a comunidade educativa teña a oportunidade de separar os residuos producidos na escola e depositalos nos recipientes axeitados.

Ademais, os que dispoñan de servizo de comedor, serán dotados cun composteiro no que poderán fabrican compost a partir da materia orgánica xerada, acondicionando desta forma un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que substituír aos fertilizantes artificiais utilizados para acondicionar hortas e xardíns.

De forma paralela, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, despregará un potente programa formativo a través do cal proporcionará as claves para que escolares e docentes poidan participar nos proxectos que desenvolvan nos centros, e que ata leven a cabo unha tarefa educativa na súa contorna familiar e social máis inmediato. Para isto, a entidade utilizará diferentes recursos divulgativos tales como presentacións en power point, vídeos, carteis, dípticos, xogos e guías didácticas, entre outros.

A fin de avaliar a acollida do programa, o grao de implicación dos usuarios e a calidade do material seleccionado, a empresa realizará inspeccións periódicas a través das cales levará a cabo un seguimento do traballo aportado e desenvolvido por cada centro, realizando caracterizacións dos recipientes que conforman as illas de reciclaxe mantendo un contacto permanente cos coordinadores desta iniciativa en cada colexio.

Para máis información, http://www.sogama.es/gl/campanha/reciclate-con-sogama-2014-2015.

- Publicidade -spot_img