spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Coro Rías Baixas ofrece en Redondela o Concerto das Letras Galegas...

O Coro Rías Baixas ofrece en Redondela o Concerto das Letras Galegas 2015

Coro-Rías-Baixas-ofrece-Redondela-Concerto-Letras-Galegas-2015O auditorio da Xunqueira acolle o vindeiro domingo 17 de maio, ás 12.30 h, o concerto das Letras Galegas 2015, a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas.

O coro está dirixido por Bruno Díaz, Graduado Superior en Musicoloxía e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega, cunha longa traxectoria na dirección coral en agrupacións  coma o Collegium Compostelanum, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos.

O concerto enmárcase na programación das Letras Galegas 2015, dedicadas ao polígrafo Xosé Filgueira Valverde

O Coro de Cámara Rías Baixas fórmase a finais de 2013 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que poidan colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. Ademais das colaboracións con grupos instrumentais, tamén pretende servir de impulso para novos solistas e de ferramenta para compositores noveis ou xa consagrados da área das Rías Baixas. O nome do coro resume dita finalidade, así como a procedencia variada dos seus compoñentes e o seu ámbito de actuación. Ten participado en diversos eventos musicais como no festival ExplurArt 2014 e no II Festival Groba no Auditorio de Ponteareas.

Nesta ocasión interpretarán un repertorio de música galega centrado en composicións do músico ponteareán Rogelio Groba, entre as que se inclúe a cantata “Anxos de Compostela”, sobre textos de Filgueira Valverde.

Programa:

A pandeirada da chuvia (música Rogelio Groba, texto Kety Quintana)

Van Comigo (música Rogelio Groba, texto Rosalía de Castro)

Campaíñas do Tea (música Rogelio Groba, texto José Luis Bugallal)

No meu colo (música Rogelio Groba, texto Manrique Fernández)

Anxos de Compostela (música Rogelio Groba, texto J. Filgueira Valverde)

 A entrada é de balde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.