spot_img
InicioVal MiñorNigránO Convento dos Padres Franciscanos de Vilariño (Nigrán) converterase antes de que...

O Convento dos Padres Franciscanos de Vilariño (Nigrán) converterase antes de que acabe o ano nun gran local sociocultural

o-convento-dos-padres-franciscanos-de-vilarino-nigran-converterase-antes-de-que-acabe-o-ano-nun-gran-local-socioculturalO histórico convento dos ‘Padres Franciscanos’  de San Pedro da Ramallosa converterase antes de que acabe o ano no gran local sociocultural demandado pola veciñanza de Vilariño.

Revista Cousas de Nº23

As negociacións  iniciadas hai dous anos coa Diocese de Vigo-Tui pecháronse esta mañá cun acordo de cesión gratuíta tras reunirse no Bispado o alcalde, Juan González, e o Vicario Episcopal de Asuntos Económicos, Jesús Martínez Carracedo. Segundo o acordo, o Concello obterá a cesión gratuíta a dez anos renovables de todo o espazo anexo á capela (a parte orixinal do convento e que conflúe nun patio interior) a cambio de ocuparse do seu mantemento e realizar obras de reparación de humidades.

“Estamos felices deste logro, máxime sendo un edificio emblemático  ancorado na memoria e no corazón de toda a veciñanza de Vilariño e que agora poremos en valor tras décadas sen uso algún. O obxectivo é que sexa un espazo sociocultural para a veciñanza de Vilariño e, ao mesmo tempo, poder organizar actividades municipais como cursos de maiores para así facilitar a asistencia e que non se teñan que desprazar a Ramallosa”, explica o alcalde, quen o cualifica de “fito histórico” para este gran barrio pertencente á parroquia de San Pedro. “Creamos no 2022, no centro de Nigrán, un local social para a veciñanza, en Panxón destinaremos a este uso o vello centro de saúde e na Ramallosa engadiremos outro punto no Centro Comercial A Ramallosa tras mercar os cines e varios baixos, deste xeito, as sete parroquias do munipio disporán de locais propios para uso público”, engade González, quen define a Vilariño “practicamente como unha parroquia máis de Nigrán polo seu gran tamaño e número de poboación”.

o-convento-dos-padres-franciscanos-de-vilarino-nigran-converterase-antes-de-que-acabe-o-ano-nun-gran-local-sociocultural

O espazo que cede a Diocese ao Concello data da construción orixinal do século XVII e comprende máis dunha decena de habitacións anexas á capela, excluíndose esta. “Sempre que Patrimonio autorice, o bispado permítenos realizar obras para, por exemplo, tirar tabiques e unir espazos. O seu obxectivo é que, tendo o Concello a cesión, reverta no benestar da veciñanza e nos ocupemos de mantelo en perfecto estado para garantir así a súa conservación”, explica González, quen se amosa “agradecido” por este acordo que califica de “moi xeneroso”. “Advertíronos de problemas de humidades que deberemos reparar no tellado e, por suposto que así o faremos”, finaliza.

Historia do Convento dos Pais Franciscanos

A edificación correspóndese a un pazo construído no século XVII e pertencente a varias familias, figurando na entrada escudos da casa dos Rivera e Taboada. No ano 1905 foi comprado pola Orde Franciscana Portuguesa  para convertela en casa de Formación para a Orde. Na zona sur os frailes ampliaron posteriormente o lugar cun espazo funcional e residencial para que servise de centro de formación. No 1920 o Cardeal Patriarca de Lisboa, Don José Sebastián Nieto, destinou o lugar á beneficencia. O convento e residencia pasou no 1988 a depender da Diocese de Tui-Vigo, vinculado á Parroquia de San Pedro da Ramallosa e sen frailes desde inicios dos anos 90.

Na memoria colectiva de Vilariño figura o seu líder, o portugués pai Luis de Patrocinio,  enterrado na capela do convento no ano 1954 e a quen se lle atribúe unha bondade sen límtes e a capacidade de dar sorte a quen se cruzase con el, especialmente ás peixeiras da Ramallosa, que coa soa súa presenza aseguraban que vendían máis mercancía.

- Publicidade -spot_img