O centro educativo fabricou catro paneis ubicados xa nos principais accesos a praia América e que enlazan con un QR onde se dá información sobre esta ave ameazada e as pautas para protexela
O Concello de Nigrán une forzas co CEE de Panxón para protexer á píllara das dunas, especie en perigo de extinción que subsiste en Praia América. Así, desde hoxe, esta zona dunar conta con catro paneis informativos específicos situados nos principais accesos ao areal e que informan mediante un enlace a un código QR desde como identificar a esta ave ata os consellos para non perturbar a súa presenza. Absolutamente todo, desde o propio panel (construído a base de monopatíns reciclados no seu obrodoiro de carpinteiría e cun relieve dunha píllara), ata a información vinculada (traducida ao galego, castelá e inglés) foi elaborada polos 20 alumnos que conforman o Centro de Educación Especial de Panxón, adicado a rapazada desde Primaria a ESO con trastornos graves de conduta procedentes de toda Galicia e que están aquí en réxime de internado.
“É unha sorte ter en Nigrán a este centro educativo único en Galicia porque son moi participativos e sempre teñen propostas de mellora da nosa contorna, por iniciativas deste tipo levaron o ‘Premio Nigrán’ ao mérito educativo no 2018”, explica o alcalde, Juan González, quen acudíu esta mañá á colocación das sinais acompañado da edil de Educación, Estela Pérez, e da de Xuventude, Cristina Dosil.
“O proxecto nace despois de que o ano pasado a rapazada recibise formación ao respecto da píllara dentro do Plan Proxecta ‘Naturézate’. De aí xurdíu esta idea”, explican desde o CEE de Panxón, onde xa están traballando co alumnado na seguinte fase, que é identificar aqueles colexios de Galicia situados preto dunha zona dunar protexida por ter presencia desta pequena ave. “Queremos ofrecerlle a todos estes centros a posibilidade de que lles enviemos un kit informativo elaborado por nos para que eles as coloquen nas súas áreas e así expandir o coñecemento sobre esta especie e a súa protección e elaborar un mapa”, explican.
Entre os consellos que recomplilaron para protexer a píllara figuran non levar a animais soltos, camiñar polas zonas delimitadas para iso, non deixar lixo na praia nin levar cunchas ou paus… E para quen non a coñeza todavía, incorporan un debuxo e unha breve descrición: “cor castaña, fronte escura e capacete arroibado e ten o bico negro e fino”.
“Traballaron todos xuntos neste proxecto, sen imporar a idade, adaptouse a tarefa a cada un deles e o certo é que lles resultou moi motivador porque ao final, cando fan algo que estará exposto á cidadanía, son máis responsables e perfeccionistas, saben que van ser avaliados e queren que quede ben”, explican.