Inicio Pontevedra O Consorcio Zona Franca de Vigo premiado no FREE ZONE OF YEAR...

O Consorcio Zona Franca de Vigo premiado no FREE ZONE OF YEAR AWARDS 2015

Entre todas as Zonas Francas de mundo a publicación de Financial Times IED Magazine, distingue ao Consorcio Vigués como ‘ Mellor soporte para Star-Ups’ e ‘Mellores Infraestructuras’

A publicación especializada en zonas francas, IED Magazine, do Grupo Financial Times, distinguiu ao Consorcio da Zona Franca de Vigo con dous galardóns do Free Zone of the Year Awards deste ano.

Este prestixioso premio destacou o traballo do Consorcio vigués como líder en proxectos de gran transcendencia para a área de influencia. Neste ano 2015, e entre todas as zonas francas mundiais, o Consorcio resultou gañador nos apartados de “Mellores Infraestruturas” e “Mellor Soporte para Start-Ups”.

Para participar nestes exclusivos premios, os xuíces reciben un gran número de postulacións de moitas zonas francas sobre as que aplican unha metodoloxía moi contrastada que pon a énfase no crecemento que experimentasen nos últimos 12 meses e analizan os proxectos de apoio que esas zonas francas ofrecen aos seus inquilinos. No caso do Consorcio da Zona Franca de Vigo, os xuíces valoraron as excelentes infraestruturas para as empresas e os programas de apoio ao emprendimiento como son os viveiros de empresas xestionados polo Consorcio e a aceleradora de empresas ViaVigo. Estes premios fixéronse públicos na edición de outubro / novembro do IED Magazine.

A publicación fíxose eco de que a Zona Franca de Vigo é o principal promotor de parques empresariais e posta a consorcio-zona-franca-de-vigo-premiado-no-free-zone-of-year-awards-2015disposición do empresariado de equipamento de alto valor engadido como son centros de negocios, naves industriais, oficinas ou locais comerciais. En 2014, os Parques de Zona Franca aloxaron a 505 empresas. A rendibilidade media das empresas dos parques do Consorcio é uns 1.24 puntos porcentuais superior á media da comarca e a produtividade media por empregado é maior nun 28.15%

Teresa Pedrosa declarou que “é unha satisfacción persoal este recoñecemento internacional ao traballo do Consorcio que, nos seus case 70 anos de existencia, conseguiu que gran parte do desenvolvemento de Vigo, a cuarta cidade máis exportadora de España, débase á actividade do Consorcio”?.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies