Inicio Pontevedra O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu hoxe o primeiro Pleno Infantil coa...

O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu hoxe o primeiro Pleno Infantil coa participación dos colexios do municipio

O Goberno de Nigrán comprometéuse á infancia para integrar as súas demandas na política municipal

auditorio-municipal-de-nigran-acolleu-hoxe-o-primeiro-pleno-infantil-coa-participacion-dos-colexios-do-municipioO Auditorio do Concello de Nigrán acolleu hoxe o seu primeiro pleno infantil, composto por 17 ‘concelleiros’ de sexto de primaria do colexio de educación especial Juan María e de centros públicos do municipio (CEIP Humberto Juanes, Mallón, Da Cruz, Carlos Casares). A sesión estivo presidida polo alcalde, Juan González, e a tenente de alcalde, Raquel Giráldez. Preto dun centenar de compañeiros de clase exerceron como público e participaron activamente nos ‘Rogos e preguntas’. A súa celebración se enmarca nun dos primeiros pasos do Concello de Nigrán de cara a obter en 2016 o selo de recoñecemento como “Cidade Amiga da Infancia’, outorgado por Unicef e  aínda sen ningún concello galego distinguido como tal. “Este é o primeiro pleno infantil,  pero comprometémonos a que sexa habitual porque queremos contar coa voz dos nenos e nenas de Nigrán para facer unha política municipal que sempre leve por diante o noso lema de ‘Un Nigrán para Todos’”, sinalou González.

Durante a sesión, que comezou ás 12.00 e se alongou ata as 13.30,  os edís de cada centro expuxeron a súa visión sobre algúns dos dereitos recollidos na Convención dos Dereitos do Neno (Unicef facilitoulles material co que estiveron traballando en clase as últimas semanas). Así, o CEIP da Cruz (Camos) tratou a ‘Protección’, o CEIP Carlos Casares a ‘Educación e o Xogo’, o CEE Juan María ‘Saúde e discapacidade’ e o CEIP Mallón Igualdade e participación. Finalmente, a sesión pechouse cos clásicos “Rogos e Preguntas, nas que os nenos pediron que se conte coa súa opinión, máis parques infantís en Nigrán, mellor calidade da comida do comedor escolar… Ducias de preguntas que o alcalde se comprometeu a resolver e algunhas moi complicadas e específicas, como por que EEUU non ten asinada a Convención dos Dereitos do Neno.

Dende o Centro Juan María agradeceron ao Concello o seu apoio no proxecto conxunto de ‘Un Nigrán para todos’, que busca eliminar barreiras físicas e sensoriais no municipio, e ao mesmo tempo demandaron unha información electoral comprensible para todos que lles facilite ao maiores de 18 decidir a quen votar.

Rematado o pleno, Concello e centro Juan María repartiron globos verdes entre os asistentes, símbolo do Día Internacional da Discapacidade que se celebra hoxe.

auditorio-municipal-de-nigran-acolleu-hoxe-o-primeiro-pleno-infantil-coa-participacion-dos-colexios-do-municipio

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies