spot_img
InicioCondado ParadantaO consello veciñal de Salceda avanza coa constitución da mesa sectorial de...

O consello veciñal de Salceda avanza coa constitución da mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o consello do Deporte

O consello veciñal de Salceda avanza coa constitución da mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o consello do DeporteO pasado xoves 7 de abril celebrouse a primeira mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde e o primeiro consello do Deporte aos que acudiron as asociacións, colectivos e clubs dos respectivos eidos. Estas reunións estiveron presididas e moderadas por Verónica Tourón Alcaldesa e Concelleira de Participación Veciñal, acompañada de concelleiros e concelleiras do equipo de goberno.

Revista COUSAS DE Nº13

Os acordos adoitados por unanimidade na mesa sectorial de Educación, Mocidade, Infancia e Saúde foron a reclamación á Consellería de Sanidade para a dotación dunha praza de pediatría máis para o Centro de Saúde de Salceda e a solicitude dunha reunión na Consellería de Educación para reclamar un novo colexio de educación primaria. Igualmente acordouse que a través da Alcaldesa, como representante do concello no GDR Condado Paradanta, se solicite o apoio para reclamar de xeito conxunto a posta en marcha do Plan de Mobilidade e Transporte alternativo que se elaborou dende este organismo comarcal como alternativa ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia, xa que recolle mellor as necesidades territoriais de transporte da veciñanza dos concellos membros.

Por outra banda os acordos adoitados na mesa do Deporte incidiron na necesidade xeral de traballar conxuntamente as entidades deportivas e o concello para acadar o maior aproveitamento das instalacións deportivas existentes e abrir vías de colaboración coas diferentes administracións públicas para reclamar melloras e inversións nas dotacións deportivas municipais.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.